Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Consello da Cultura elixe Cambados para presentar unha edición de “No Desterro”

O primeiro poemario de Cabanillas veu a luz por primeira vez na Habana en 1913 | Forma parte da colección “Clásicos da Emigración”

A neta de Cabanillas foi pregoeira do Albariño deste ano. Noé Parga

O Consello da Cultura Galega elixe Cambados para presentar unha nova edición facsimilar do primeiro poemario de Ramón Cabanillas, “No Desterro”, que se inclúe dentro da colección Clásicos da Emigración que pon en marcha a entidade. Na súa presentación que será mañá a partires das 19.00 horas no museo adicado a Cabanillas no Paseo da Calzada. Alí, está previsto que participen Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo da Emigración Galega; Miguel Cabo, autor da presentación e profesor de historia contemporánea da USC; Francisco Fernández Rei, Membro da Real Academia Galega; Tino Cordal, concelleiro de Cultura de Cambados; e Pitusa Vidal Cabanillas, neta do autor.

“No Desterro” foi publicado na Habana en 1913 e contaba cun limiar de Basilio Álvarez. A obra consagrou a Cabanillas como o poeta social por excelencia, aínda que en termos estritos os poemas desa índole fosen minoritarios no conxunto do volume. Nesa cidade e nesa data entrecrúzanse as traxectorias biográficas de ambos e tamén conflúen tres fenómenos definidores da experiencia colectiva dos galegos do século XX: o galeguismo, a emigración e o agrarismo. Tamén se tenta profundar na relación, prolongada ao longo de máis de tres décadas, entre Cabanillas e quen remataría por personificar na memoria popular un movemento tan complexo e multiforme como foi o agrarismo galego: o abade de Beiro, Basilio Álvarez.

Compartir el artículo

stats