Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cambio de rumbo nun dos colectivos máis antigos de Galicia Cándido Meixide Figueiras Novo presidente da Asociación de Veciños de Vilaxoán

“Esperta Vilaxoán non vai deixar de existir; vai ser un tándem estupendo”

“O Concello debe tratarnos como unha vila con identidade propia, non coma un barrio”

Cándido Meixide, na praia do Preguntoiro, no pobo mariñeiro de Vilaxoán. Pablo Hernández

Cándido Meixide converteuse o pasado domingo no novo presidente da Asociación de Veciños de Vilaxoán logo de case dous anos de goberno provisional por parte dunha comisión xestora. A pesares do seu salto a este colectivo, asegura que a Plataforma Esperta Vilaxoán non vai desaparecer. En setembro convocará asemblea para nomear a todo o equipo directivo e comezarán as reunións por toda a vila para escoitar os problemas da veciñanza. Prevé reforzar a relación con Faxilde e Sobradelo na Coordinadora Sur para “facer máis forza” diante das administracións e en canto ao Concello, a reivindicación é clara: “Que se nos trate como a unha vila con identidade propia, non como a un barrio”.

– Noraboa pola victoria. ¿Esperábaa logo da presentación doutra candidatura a última hora?

– Os demais si pero eu non. Vilaxoán é unha vila na que dende hai moitos anos había dous grandes grupos: PP e PSOE. Iso quedou moi arraigado. Os que non somos nin dun nin doutro chámannos os políticos. “Kinote” representaba a ese grupo PSOE, municipalista. Aquí dase un golpe na mesa e aparece a xente, pero parece ser que estaba un pouco cansa e saltou ao outro lado. Na Candidatura Integradora hai de todo, persoas que votan a diferentes partidos, incluso do PSOE. A xente estaba cansa de que na asociación estiveran ao rebufo do Concello.

– Precisamente sempre foron moi críticos sobre a “compracencia” da xestora co Concello. ¿Como plantexa a relación da nova directiva co goberno local?

– Exactamente. Imos traballar igual que como se fora na Plataforma, as liñas de traballo van ser as mesmas: seguridade viaria, demografía, parques, a praia do Preguntoiro, saneamentos e pluviais, temas culturais, petición da desafectación dos terreos de Portos para que sexan municipais… Queremos que nos consideren de novo unha vila, non como unhas rúas ou un barrio. Aquí fanse obras e non hai un plan de traballo para Vilaxoán. Actúan coma si estiveran en calquer barrio de Vilagarcía e a xente de Vilaxoán ten identidade de vila; sempre a tivo. En Sobradelo ou Faxilde costa moito xuntar xente, son máis abertos, non teñen identidade de vila como temos nós. Aquí cando nos maltratan doe moito.

– Como Carril?

– É o mesmo conto Carril e Vilaxoán. Pero en Carril non sei por que non hai mobilización. Cando foi do tema do banco non se moveron e co tema de Portos non protestan. Son máis compracentes, aquí somos máis guerreiros. A xente di que menos mal que hai quen empece a facer algo porque estívose moitos anos sen rascar bola.

"En Carril non sei por que non hai mobilización veciñal; en Vilaxoán somos máis guerreiros"

decoration

– Inflúe que no seu día Vilaxoán fose un concello independente?

– Home claro. Pero tamén polo seu carácter mariñeiro. É un pobo que vive do mar e iso une moito. Había conserveiras, barcos, portos, todo o mundo vivía do mar e iso crea un grupo social potente e identitario. Iso é o que ten Vilaxoán diferente a outros lugares. Levámonos moi ben tanto con Sobradelo como con Faxilde, pois temos unha Coordinadora Sur na que imos abordar cousas en común, coma o saneamento en Amexieras. A idea é agora facer ese bloque con máis forza, máis potente. As tres asociacións temos que falar co Concello.

– Que vai pasar coa Plataforma Esperta Vilaxoán?

– A Plataforma non vai deixar de existir porque hai xente na plataforma que non é socia da asociación. Vale para fiscalizarnos e é unha entidade máis práctica. Unha asociación é moi lenta para falar cos socios. Unha vez que se fai a asemblea ordinaria, a partir de aí a directiva xa fai todo, pero para cuestións puntuais hai que preguntarlle á xente e é complicado porque é moi lento. Penso que vai ser un tándem estupendo.

– Tamén hai veciños que son socios e non están na Plataforma.

– Na Plataforma non hai ninguén. É un ente que non ten corpo, non ten membros. É xente que participa en reunións periódicas na rúa, en sitios concretos, para abordar problemas, é a única forma de que a xente estea viva. Aquí hai problemas continuos, que si no río, seguridade viaria en Veiga do Mar, na avenida de Vilanova, … Agora será o Concello quen dea o paso de falar con nós. Nós imos dicir que estamos aí, aínda que non nos chamaron para darnos a noraboa. Queremos ter un cronograma sobre as cousas que se van facer, a qué plazo e as que non van poder ser polo de agora. Ese é o plan: saber que queren facer en Vilaxoán e que consideran Vilaxoán. Iremos ao pleno deste mes ou de setembro para preguntar.

– Mantéñense os nove membros iniciais da Candidatura Integradora?

– Si, están os mesmos. En setembro vou convocar a asemblea para formar o equipo porque en agosto é moi difícil xuntar á xente. Presentarase a directiva cos cargos concretos. Agora só hai presidente.

"Unha demanda fundamental é que volva o servizo médico a Vilaxoán"

decoration

– Os veciños denuncian moitas deficiencias, pero cal definiría como a máis urxente?

– Agora a xente está co tema da praia e co parque Dona Concha. No parque os camiños non son camiños, hai herba por todas partes. Con respecto ao mobiliario dos tres parques de Vilaxoán, é de madeira e está feito polvo. En Dona Concha renováronse e están ben pero o das Torres e O Preguntoiro están mal. Nas Torres a cancha deportiva que prometeron pechar con reixa para que non saian os balóns segue igual. No tema do río parece ser que hai un orzamento para selar as lousas para que non marche a auga e ten que dar Patrimonio o visto bo. Nos rexistros hai bombas de auga saturadas. En seguridade viaria, en Veiga do Mar, puxeron dous sinais de 30 e pintaron un paso de peóns, pero baixan todos os camións do porto por aí. Na avenida Vilanova, desde O Rial ata a farmacia e a igrexa é unha zona perigosa. Están vendendo mobilidade en Vilagarcía e esta avenida é o paradigma do que non é un plan de mobilidade: beirarrúas cortadas por entradas de carruaxese algunas son estreitísimas. Cada equis anos hai atropelos. A estrada é competencia da Xunta, pero gustaríanos que o Concello dese o paso con nós. Outra demanda fundamental é que volva o servizo médico a Vilaxoán. A obra está feita pero falta o persoal, dixo o xerente. E que ata setembro nada.

– Agora que hai novo xerente na área sanitaria, José Flores, solicitarán un encontro para axilizar a apertura?

– Si, pediremos unha reunión con el a través de Elena Suárez.

Compartir el artículo

stats