Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego también afecta a la península meca

Esta tarde se declaró un incendio forestal en la zona protegida de Piñeirón

Medios desplazados al incendio de Piñeirón, esta tarde. FdV

O Grove tampoco se libra de los incendios forestales. Esta tarde se declaró uno en Piñeirón, una de las zonas naturales de la localidad que están protegidas, dada su riqueza en cuanto a flora y fauna.

El alcalde, José Cacabelos Rico, confirmó la existencia de este foco, uno más de los que se registraron a lo largo y ancho de la comarca de O Salnés y los municipios del Ullán en la última semana.

Incendios en Galicia: Así se lucha contra el fuego en Caldas y Vilagarcía

Incendios en Galicia: Así se lucha contra el fuego en Caldas y Vilagarcía Manuel Méndez

Esgrime el regidor que, en primera instancia, se desplazaron efectivos del Servicio Municipal de Emergencias, del Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo y de Bombeiros do Salnés, con base en Ribadumia.

Este episodio se registra el mismo día que la comunidad de montes de San Vicente de O Grove hace ver su malestar por la falta de limpieza de los montes.

Explican los comuneros, presididos por Manuel Castro, que tienen una subvención de la Xunta para desplegar un plan de limpieza y eliminación de especies invasoras como la acacia. Pero resulta que cuando se dirigieron a la Consellería de Medio Ambiente para solicitar el correspondiente permiso, “nos lo denegaron”.

Uno de los cortafuegos de San Vicente.

 

Posicionamiento de los comuneros de San Vicente:

A continuación se reproduce, íntegramente, un escrito remitido a FARO DE VIGO por la comunidad de montes de San Vicente, bajo el título de “La pertinaz sequía".

 

“No intre de escribir estas liñas está a arder o monte enteiro da serra do Barbanza, na outra banda da ría de Arousa. Dende O Grove e a esta hora da noite semella que Tolkien inspirouse nunha visión apocalíptica semellante para imaxinar a Torre de Sauron no Monte do Destino. Todo é lume e só se ve lume. É, literalmente, un volcán de lume. Unha desgraza.

49

Incendios en Galicia: Vilagarcía y la comarca luchan contra el fuego Manuel Méndez / Noé Parga / Pablo Hernández

A comunidade de montes de San Vicente leva xa uns anos a xestionar un proxecto de silvipastoreo que, paseniño, vai facendo que a nosa cabana de vacas cachenas teña os montes comunais limpos de broza.

E paseniño vai mudando o monte baixo por pasto de xeito que rompe a continuidade do monte como un cortalumes natural.

Non sabemos si os nosos compañeiros do outro lado da ría teñen proxectos parecidos en marcha. Porén, sabemos que os nosos montes tamén poden arder, pero estamos certos de que están mellor preparados contra as vagas de incendios que os que están abandoados e sin limpeza de ningunha clase.

Esa é a nosa preocupación e a principal motivación para manter os animáis no monte. A prevención.

Nos tempos de Franco non ardía o monte. Por decreto. E cando ardía, ardía pouco. Por decreto tamén. E no intre de buscar ao responsable sempre o atopaban: ‘La pertinaz sequía’. E si a queima era moi grande ata se podía albiscar unha ‘conspiración judeomasónica’. E asunto resolto. Responsabilidades depuradas. Todo sin brigadistas, sin bombas de auga e sin hidroavións.

La familia de vacas cachenas crece en San Vicente de O Grove

La familia de vacas cachenas crece en San Vicente de O Grove

Velaí subían os veciños cara ao monte coa primeira ferramenta que topaban pola casa e eran quen de apagar os incendios. Só coas mans. Sin medios millonarios. Non eran heróes. Eran xente do común que defendía o seu patrimonio porque daquela o monte era o banco no que os labregos gardaban os seus aforros. Non era un custo. Era unha renda.

Hoxe, os veciños quedan na casa cando o lume non se achega a ela. Limpar o monte é caro. É un gasto que non ten retorno.

Precísase maquinaria e solicitar moitos permisos para cumplir coa Lei. Nen sequera coa cabana gandeira dos comuneiros abonda para telo todo limpo.

Faltan cartos e maquinaria porque as mans xenerosas dos veciños xa non suben a apagar lumes. Xa van os brigadistas coas motobombas. Xa vai o helicóptero a botarlle auga. Xa non hai que rezar para que chova.

Una de las zonas que los comuneros trataban de limpiar. FdV

Por iso, hai pouco tempo que a comunidade de montes de San Vicente pideu unha subvención á Xunta de Galicia para limpar unha paraxe que paradoxalmente chámase Coviña do Inferno. Tal que parece que está a avisar do risco de queima. Alí non entran as vacas. As acacias invasoras, como unha praga, non están ao seu alcance.

Subvención conseguida

A xunta rectora da comunidade, consciente do polvorín que temos na parroquia, solicitou e obtivo a devandita subvención. Motivo de grande satisfacción e tranquilidade poder limpar un punto tan sensible ao lume.

Tampouco era gran cousa. Uns poucos miles de euros para maquinaria de desbroce e limpeza da Coviña do Inferno e pouco máis.

Petición denegada

Ou menos porque, no caso que nos ocupa e coa subvención na man, acudimos como é preceptivo á delegación de Medio Ambiente de Pontevedra para solicitar licencia para a limpeza. E alí mesmo, diante dos nosos ollos, abertos como pratos, presenciamos como un burócrata con carreira e despacho pagado dos nosos impostos se transmutaba en conspirador xudeomasónico, igualiño que nos tempos do Caudillo.

El incendio declarado esta tarde en Piñeirón.

El incendio declarado esta tarde en Piñeirón.

Alí mesmo presenciamos como nos denegaba o permiso de limpeza. Nin as acacias invasoras fixeron que entrase en razón. Non é non. Como sempre.

A Coviña do Inferno arderá e levará por diante o monte de medio Grove por culpa de ‘la pertinaz sequía’. Como antes. O pirómano sempre é o mesmo. A única diferencia é que antes, os nosos abós, analfabetos como eran, entre as vacas e as ferramentas de labranza facían prevención dos incendios sin ter que petar en portas pechadas que nunca se abren”.

Compartir el artículo

stats