Xironsa quere ofrecer máis literatura e artes escénicas no seu vindeiro festival
A organización está moi satisfeita coa resposta do público no evento de Corvillón | Lamentan un erro na seguridade no exterior do recinto

Un dos concertos do festival de Xironsa. | // IÑAKI ABELLA / A.M.
A.M.
A asociación Xironsa está moi satisfeita co desenvolvemento do seu festival, celebrado a pasada fin de semana en Corvillón. Asumen que se puideron cometer os erros propios dunha organización non profesional, pero están sobre todo contentos pola boa aceptación do público. O presidente do colectivo, Xosé Luis González, “Liso”, apunta que no xantar do sábado participaron 370 persoas, e que no certame de pintura rápida se inscribiron 16 artistas, pese a que era unha proposta nova. Tamén agradou aos organizadores a boa resposta dos pais ao “recuncho cativo”. “Sorprendeunos a aceptación das actividades a pesar de que foron días de moita calor”, apunta.

Xironsa quere ofrecer máis literatura e artes escénicas no seu vindeiro festival / A.M.
O festival de Xironsa está consolidando ano a ano a súa aposta por un formato que parte da música tradicional, pero que a partir de aí abre o seu abano a moitos outros xéneros e estilos da música galega. Pero é tamén un evento que quere ofrecer máis actividades vinculadas ao teatro ou a literatura. “Para ter o festival que queremos fáltanos algo de artes escénicas e de literatura”, sinalou “Liso” González.
Neste sentido, indicou que se ben non foi posible presentar no festival o novo número da revista “Cen Follas”, Xironsa estará ao lado dos promotores desta publicación cando eles queiran.
Iso si, “Liso” González indica que se produciu un problema de seguridade no exterior do recinto, alleo á organización de Xironsa, e provocado, segundo el, “por falta de previsión externa”. Entende que foi unha mágoa que se producise esta situación, e manifestou que en vindeiras datas, “pediremos explicacións sobre o sucedido”.
Suscríbete para seguir leyendo
- A Illa advierte de que la picaresca en la zona residencial puede multarse con hasta 10.000 euros
- José Andrés y Los Peperetes saborean alianzas y amistad en Carril
- Desarticulan un presunto punto de venta de droga en un domicilio familiar de Vilagarcía
- Medio centenar de autocaravanas acamparán en Vilagarcía mañana
- El turismo sobre ruedas toma Vilagarcía en autocaravanas
- Tranquilidad total en el Atlantic Fest
- «Los niños soñaban con jugar en el Madrid; yo, en el Céltiga»
- Cambados urge a la Xunta a desalojar una finca que necesita como estacionamiento