Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Volta a Arousa en Dorna atrae a máis dunha vintena de embarcacións

As embarcacións participantes na Volta a Arousa. | // NOÉ PARGA

Houbo dúbidas case ata última hora debido ás malas condicións meteorolóxicas. Pero finalmente o tempo portouse e a Volta a Arousa en Dorna puido celebrarse sen problemas.

Máis dunha vintena de embarcacións tradicionais anotáronse nesta proba e déronse cita sobre as catro da tarde na praia da Canteira, no Bao, de onde saíron para navegar pola ría de Arousa izando a súas velas. Unha bonita estampa que moitos veciños non quixeron perderse.

As dornas saíron da praia da Canteira, no Bao. | // NOÉ PARGA

Compartir el artículo

stats