Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As Letras Galegas traen o regreso ao mar da dorna “Nova Maruxa”

A embarcación que soportou as motoserras volveu a navegar tras ser rebautizada no peirao do Xufre, dando inicio á tempada

A “Nova Maruxa” volveu a navegar no día de onte pola ría de Arpousa. Iñaki Abella

É unha das tradicións que naceron nos últimos anos. Cada 17 de maio, na Illa de Arousa, da comezo a tempada de navegación tradicional. Este ano houbo que adialo ata onte debido ao temporal, pero non por iso o acto deixou de ser máis emotivo. Un dos momentos máis importantes é o bautizo de mar, cando unha dorna bica por primeira vez as augas da ría de Arousa. Hai tempo que iso non ocorre, pero este ano decidiuse que unha embarcación moi especial volvese a navegar despois dun tempo parada en terra. Esa embarcación era a “Nova Maruxa”, unha dorna de tope que foi víctima das motoserras nun momento no que a administración non tiña ningún tipo de sensibilidade por la navegación tradicional.

Aquilo ocorreu no 2003, sendo exposta nos Encontros de Embarcacións Tradicionais cos cortes que a motoserra causou. Esa imaxe cambiou o sentir da administración, que agora permite a aquelas persoas que se queren desfacer do barco, cedelo a unha organización das que preserva o patrimonio marítimo.

A xornada deixou algunha imaxe espectacular INAKI ABELLA DIEGUEZ

A “Nova Maruxa” non foi botada desde terra polo seu gran peso, pero si recibiu o seu bautizo coa presenza do “Rei do Mar” e da “Nova Marina” outras dúas embarcacións cunha longa historia e que forman parte do patrimonio inmaterial galego.

O evento celebrouse no Xufre e contou coa presenza de gaiteiros que, cada vez que aparecía un coche polo muelle, debían retirarse para deixalo pasar. O motivo non é outro que non se pediu permiso a Portos de Galicia para celebrar o evento despois da polémica por cobrar pola presencia duns gaiteiros nun acto semellante.

Desde a organización lémbranlle a Portos que “O Xufre é de todos os mariñeiros da Arousa, non de Portos que, como moita, xestionará o seu uso, pero non nos pode quitar o que é noso porque lle veña en gaña”. Lamentan que Portos teña tan “pouca sensibilidade” coa cultura mariñeira e se preocupe tan só de recaudar para non invertir na preservación do patrimonio, xa que levan anos agardando por unha Mariña Tradicional.

Compartir el artículo

stats