Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Jorge Casal, un referente

Jorge Casal, un referente

Cando fun conocedor do falecemento de Jorge Casal Pintos foron moitas as lembranzas que me viñeron á cabeza, así como unha sensación de enorme tristura que só o tempo será capaz de diluir. Jorge era un gran amigo e foi un extraordinario alcalde, o primeiro alcalde en democracia no Concello de Meis. Fixo un magnífico traballo e foi para min e para moitos un auténtico referente e un espello no que mirarnos. Marcou un camiño que seguiron outros, como o seu sucesor José Luis Pérez Estévez.

Pero os meus pensamentos non se van ao Jorge político. Todos os que o coñecían coincidirán comigo en que se por algo destacaba Jorge era pola súa enorme valía humana. Sempre conciliador, nunca unha mala palabra, sempre entrañable, tanto el como a súa esposa Lolita e toda a súa familia. Sen dúbida un exemplo para todos.

As maiorías absolutas coas que sempre gobernou non impedían que xestionase con moderación, con bo talante e con ese afán conciliador tan característico seu. É que Jorge era profesor. Mellor dito, era un excelente profesor. E esa laboura educativa e formativa que levaba a cabo dentro do colexio do Mosteiro, tamén a poñía en práctica na xestión política e, en definitiva, na súa vida.

Por algo é unha persoa querida por todos en Meis, independentemente da cor política. Era unha moi boa persoa para todos. E así gobernou o concello, en beneficio de todos os cidadáns de Meis. Quero agradecer especialmente a todos os veciños das parroquias de Armenteira, San Martiño, San Salvador, San Lourenzo de Nogueira, Paradela, San Tomé de Nogueira e San Vicente de Nogueira que o avalasen coa súa confianza permitíndonos desfrutar da súa valía como alcalde, primeiro con Coalición Democrática, logo en Alianza Popular e despois co Partido Popular. Vinte anos dunha extrardinaria xestión. Unha valía amosada tamén como deputado provincial defendendo os intereses do Salnés.

Hoxe tócame despedir a un referente persoal e político. Pero pode estar moi tranquilo e orgulloso porque deixa aquí un gran legado. Quédanos a todos a lección de vida que nos deu o profesor.

Ata sempre Jorge.

D.E.P.

*Rafael Louzán foi presidente da Deputación de Pontevedra e é o máximo responsable da Federación Galega de Fútbol.

Compartir el artículo

stats