Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Días das Letras Galegas na bisbarra y Nin choiva pode coa lingua na vila meca

O Grove presume coma nunca do seu xeito de falar

Os mecos bailan, cantan e leen baixo a choiva

As compoñentes de Cinco en Zocas despois do concerto que ofreceron na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, de Monte da Vila. | // FDV

Certo é que a choiva fixo que se adiaran actividades coma a “X Festa das Letras Galegas” da asociación cultural Cantodorxo, que se pospón ata o vindeiro sábado e inclúe música tradicional, xogos populares e inchables.

Pero tamén é verdade que O Grove, ese pobo que xa se coñece polo xeito de falar, e que presume delo, foi unha das vilas que onte poideron desenvolver máis actividades no Día das Letras Galegas, e iso que aínda non estreou o Auditorio Municipal Escola de Música de Monte da Vila.

A Feira do Libro Galego de Espazo Lector Nobel O Grove, coa vilanovesa Silvia Domínguez firmando exemplares . | // FDV

Nembargantes, a concellería de Cultura xa tiña preparado un “plan B”, de xeito que algunhas das actividades que se tiñan argallado e ían porse en marcha na rúa Castelao poideran levarse adiante na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, en Monte da Vila.

Alí, nese edificio que se atopa xusto diante do agardado Auditorio que se estrea o vindeiro día 3, Marina Aguín e demáis persoal da Rede de Bibliotecas fixeron posible que, por exemplo, actuara o grupo local Cinco en Zocas.

Esto fixo que se enchera o salón de actos da Casa da Cultura, namentras que no seu exterior actuaban formacións folclóricas coma Paradanda Mecos ou se ofrecía ós veciños a posibilidade de ver e/ou mercar todo tipo de publicacións.

Folclore: O Grove é un deses pobos nos que non fai falla buscar axuda fóra cando se quere celebrar unha festa tradicional ou unha xornada desas que, coma a de onte, están vencelladas á historia, a cultura e a lingua da terra. O pobo meco conta con dúas agrupacións folclóricas do máximo nivel como son Paradanda Mecos e Cantodorxo. A música e mailo baile tradiconais están garantizados.

E todo porque se celebraba a “Feira do Libro Galego”, organizada polo Concello, Espazo Lector Nobel O Grove e maila editora Patasdepeixe.

Cómpre sinalar que esta empresa contribuiu a facer realidade o libro “As Herbas de San Xoán”, da escritora vilanovesa Silvia Domínguez, que acudiu ata a feira do Monte da Vila para firmar exemplares.

Silvia Domínguez e “As herbas de San Xoán” : Fai un ano presentábase no Museo da Salga “As herbas de San Xoán; caderno de campo para faceres o cacho”, un libro editado por Laura Sáez con correccións de Saleta Fernández, maquetado e diseño polo meco Lino Prieto e escrito pola vilanovesa Silvia Domínguez Torrado. Onte, esta bióloga ambiental e instructora de ioga firmou exemplares deste libro editado co selo Kanguingos por Patasdepeixe.

Silvia Domínguez e “As herbas de San Xoán” : Fai un ano presentábase no Museo da Salga “As herbas de San Xoán; caderno de campo para faceres o cacho”, un libro editado por Laura Sáez con correccións de Saleta Fernández, maquetado e diseño polo meco Lino Prieto e escrito pola vilanovesa Silvia Domínguez Torrado. Onte, esta bióloga ambiental e instructora de ioga firmou exemplares deste libro editado co selo Kanguingos por Patasdepeixe. FDV

O outro título protagonista da xornada foi “O señor feudal ou ¿quen matou ó meco?”, escrito por F. Franco Calvete, con ilustracións de M. Besada e editado polo clube Breogán por mor do Día das Letras Galegas do 1982.

O que fixo onte esta entidade foi repartir o libro por só un euro, vendéndollo a ese prezo a todos aqueles que mercaran calquera libro en galego na feira de Espazo Nobel.

Polo demáis, decir que a xornada incluía outras actividades, entre as que se atopaba o espectáculo “Cantando ás Nosas Letras”, de Xoán Curiel.

Xoán Curiel co espectáculo “Cantando ás nosas letras”, onte. | // FDV

E van ter continuidade nos vindeiros días. O venres, por exemplo, coa sesión de contacontos “Os Contos da Leiteira”, a cargo de OQO Editora, namentras que o sábado vaise ofrecer a obra “O Furancho”, da compañía Ibuprofeno Teatro.

Ullán

Nos concello do Ullán tamén se levaron adiante propostas culturais adicadas ó idioma galego e ó protagonista do Día das Letras 2022, Florencio Delgado Gurriarán.

Libros expostos en Monte da Vila. FDV

Catoira trasladou ó Auditorio Municipal o concerto da Banda de Música dirixida por José L. Quintás, namentras que o de A Roda, a lectura popular, a danza e mailo pasarúas que ían celebrarse en Pontecesures, quedaron adiados para o vindeiro sábado.

Pódese decir tamén que o grupo de música infantil Oviravai ofrecerá o sábado no Auditorio de Valga o cocerto “Amiña lingua, a túa lingua”.

Este espectáculo dirixido a un público familiar con entrada de balde é unha das actividades que forman parte da programación municipal con motivo do Día das Letras Galegas.

“O señor feudal ou ¿quen matou ó meco?”: O 17 de maio de 1982 o Clube Marítimo Deportivo e Cultural Breogán do Grove editaba o libro “O señor feudal ou ¿quen matou ó meco?”, de F. Franco Calvete e con ilustracións de M. Besada. Corenta anos despois daquela publicación, e a modo de celebración, o mesmo cñub colaborou co Día das Letras Galegas 2022 poñendo este libro ó alcance de quen o desexara, por só 1 euro.

“O señor feudal ou ¿quen matou ó meco?”: O 17 de maio de 1982 o Clube Marítimo Deportivo e Cultural Breogán do Grove editaba o libro “O señor feudal ou ¿quen matou ó meco?”, de F. Franco Calvete e con ilustracións de M. Besada. Corenta anos despois daquela publicación, e a modo de celebración, o mesmo cñub colaborou co Día das Letras Galegas 2022 poñendo este libro ó alcance de quen o desexara, por só 1 euro. FDV

Compartir el artículo

stats