Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un breve dicionario para fomentar o galego nas escolas de Cambados

O Concello aproveita as Letras Galegas para repartir uns libros para nenos de ata oito anos

Membros da Banda de Castrelo, durante o concerto no Auditorio da Xuventude. | // NOÉ PARGA

O Concello de Cambados repartiu nos últimos días un milleiro de exemplares de “Palabriñas da nosa lingua”, un breve dicionario con léxico en galego pensado para nenos de ata oito anos, e que pretende ser unha ferramenta para que os profesores poidan traballar cos nenos de menor idade a aprendizaxe do idioma galego.

O departamento de Normalización Lingüística, que dirixe o concelleiro de Cultura, Constantino Cordal, sacou unha primeira edición desta obra en xaneiro de 2020, e xa entón a repartira polos centros educativos da localidade. Agora, coincidindo coas Letras Galegas, sacou unha segunda edición, ampliada, e tamén se fixo un reparto polos colexios do municipio. “É un libro de carácter familiar con palabras de uso habitual na casa, no colexio, no día a día dos nenos”, sinala Constantino Cordal.

Participantes na ofrenda floral de Cambados ante o monumento a Cabanillas Noe Parga

O propio Cordal, a neta do poeta Ramón Cabanillas, Aurora Vidal Cabanillas, “Pitusa”, e o alcalde de Cambados, Samuel Lago, protagonizaron onte ao mediodía a ofrenda floral ao “Poeta da Raza” no Paseo da Calzada. Foi un acto máis breve do habitual debido á intensa chuvia que empezou a caer xusto nese momento en Cambados. De feito, a intención inicial do Concello era que a Banda de Castrelo dese o seu tradicional concerto das Letras Galegas alí mesmo.

Sen embargo, isto xa non foi posible, trasladándose a actuación musical ao Auditorio da Xuventude. A ofrenda, ademáis, foi máis rápida do habitual, e prescindiuse dos habituais discursos.

O Concello de Ribadumia outórgalle un galardón á asociación cultural Añoranza

decoration

Supuxo o remate a unha programación cultural que en Cambados empezou o mércores da semana pasada, coa exposición dos paneis escolares sobre o autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán. Finalmente, puideron celebrarse todos os eventos, incluido o concerto de Xoán Silva e Blas do luns pola noite na rúa Isabel II. A actuación rematou pouco despois das once da noite, momento no que empezou a chover.

Ribadumia

O Concello de Ribadumia tamén celebrou onte o seu acto central das Letras. Foi a gala “Ribadumienses en prol do galego”, que a administración municipal organiza dende 2017, premiando cada ano a un vecino ou entidade local que fixo un esforzo especial pola promoción da lingua galega.

Nesta ocasión, a asociación cultural Añoranza foi recoñecida pola administración municipal, uníndose a galardoados anteriores como o grupo de teatro Alecrín ou o sacerdote Dositeo Valiñas.

A gala, prevista para última hora da tarde no Auditorio de Santa Baia, e que ía presidir o alcalde, David Castro, contaba co acompañamento musical das irmás Vanesa e Mercedes Tilve, que forman o dúo As Lembranzas.

Compartir el artículo

stats