Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As Letras Galegas empezan en Cambados

Vilagarcía acolle unha exposición sobre Delgado Gurriarán

Un momento do acto no Paseo da Calzada, en Cambados. | // NOÉ PARGA

Cambados celebrou durante a mañá de onte no Paseo da Calzada o primeiro acto da programación das Letras Galegas. Consistiu nun espectáculo de poesía, música e baile tradicional no que participaron alumnos de practicamente todos os centros educativos da localidade.

Un grupo de nenas interpretan uns pases dun baile tradicional Noe Parga

Así, houbo recitados de poemas de Florencio Delgado Gurriarán -autor homenaxeado este 2022- os máis pequenos da Pastora interpretaron unha coreografía de Tanxugueiras, e aos estudantes do instituto Francisco Asorey correspondeulles este ano a honra de facer a ofrenda floral no monumento a Ramón Cabanillas.

Integrantes da asociación cultural BoudeBou Noe Parga

O Concello organizou o evento e colaborou cos colexios asumindo o transporte escolar dos máis arredados ata o centro da localidade. A programación deseñada pola Concellería de Cultura, que dirixe Constantino Cordal, prosigue mañá domingo con actos en horario de mediodía e tarde. Así, ás 12.00 horas haberá un pasarrúas das asociacións Volandeira e Xironsa, e ás 13.00 actúan as asociacións culturais, na Calzada. Xa pola tarde, a compañía Oviravai representará a obra de teatro musical “A Miña lingua, a Túa lingua”. Será no Auditorio da Xuventude, ás 19.00 horas.

O primeiro acto das Letras Galegas de Cambados congregou a un bo número de estudantes Noe Parga

Mentres, en Vilagarcía, a biblioteca municipal Rosalía de Castro deseñou dúas actividades para promocionar a Florencio Delgado. Así, elaboraron unha guía didáctica sobre o autor, para que os lectores saiban que obras súas -ou sobre el- hai na biblioteca, e a partir do luns, 16 de maio, haberá unha exposición de paneis sobre a súa biografía.

Compartir el artículo

stats