Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O grupo Añoranza e As Lembranzas, protagonistas do 17 de maio en Ribadumia

A asociación cultural Añoranza será distinguida o vindeiro martes co galardón “Ribadumienses en prol do galego”, que institucionalizou o Concello desta localidade para premiar a persoas ou entidades que se distinguiron polo seu traballo en prol da difusión da lingua.

A asociación recibirá a distinción no transcurso da gala que terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio de Santa Baia, con entrada libre. O evento complétase cun concerto de As Lembranzas, dúas irmás do Salnés que están facendo unha xira co seu traballo musical máis recente, “Gaela”.

A decisión de entregarlle o recoñecemento a Añoranza adoptouse nun pleno municipal da corporación.

Compartir el artículo

stats