Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Esta é a programación das Letras Galegas en Vilagarcía: concerto de Uxía e Javier Ruibal e moito máis

Todas as actividades son de balde

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, e a cantante Uxía. Iñaki Abella

“Da túa casa á miña” é o concerto que Uxía e Javier Ruibal darán o próximo 17 de maio en Vilagarcía con motivo das Letras Galegas. Será ás 19.30 horas no Auditorio municipal con entrada de balde ata completar aforo.

Segundo explicou Uxía, o de Vilagarcía será o segundo concerto do disco que presentou o pasado mes de marzo en Compostela. “Metémonos no papel dese Lorca namorado desta terra e desa muller fascinante que foi Rosalía. A primeira visita que fixo Lorca a Galicia dixo que veu como músico e marchou como escritor. Acabou escribindo seis poemas en galego, dos cales nós musicalizamos catro, un deles adicado a Rosalía”, explica a artista galega.

"A primeira visita que fixo Lorca a Galicia dixo que veu como músico e marchou como escritor. Acabou escribindo seis poemas en galego, dos cales nós musicalizamos catro, un deles adicado a Rosalía"

Uxía - Artista

decoration

O disco de Uxía e o andaluz Javier Ruibal foi gravado en El Náutico de O Grove xunto con Sergio Tanos e Marcos Teira. “Faremos unha escenografía especial, con proxeccións dos debuxos de Rosalía que aparecen no disco”, avanzou Uxía.

Máis actividades en maio

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, nomeou as demais actividades que compoñen a programación das Letras Galegas para o mes de maio. Comezan o martes 3 cunha conferencia de Ricardo Gurriarán, familiar do autor homenaxeado este ano (Florencio Delgado Gurriarán) e continuarán o sábado 14 coa comedia “Reino da extinción” .

O domingo 15 terá lugar o tradicional Festival Nós de Sobradelo e o luns 16 os escolares do Piñeiriño, San Francisco, A Lomba e Castro Alobre recitarán poemas na Praza da Galicia.

Ofrenda floral no Carril

O propio día da efemérides, o 17, a actividade centralizarase no Carril, coa ofrenda floral a Rosalía de Castro ás 12.30 horas. Despois, en sesión vermú, Uxía e Ruibal abrirán boca cuns temas en acústico.

O mércores 16 proxectarase “A virxe roxa” de Marcos Nine e do 16 ao 31 de maio a biblioteca municipal acollerá unha exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán.

Compartir el artículo

stats