Un recuncho na memoria para Rosalía

Centros escolares e concellos da comarca do Salnés organizaron actos na memoria da escritora no 185 aniversario do seu nacemento

Flores para Rosalía de Castro no Colexio Torre-Illa.

Flores para Rosalía de Castro no Colexio Torre-Illa. / Noé Parga

R. A.

O Salnés

O 23 de febreiro é unha data especial para a lingua galega. Nesa data naceu Rosalía de Castro, a persoa que devolveu a voz á lingua galega despois dos séculos escuros. 185 anos despois, na comarca do Salnés lémbrase a figura da padronesa en diferentes actos organizados tanto polos concellos como polos centros escolares, para que os alumnos continúen mantendo viva a memoria da escritora e da lingua galega.

Flores para Rosalía no colexio Torre-Illa no día de onte.   | // NOÉ PARGA

Alumnos do colexio Torre-Illa diante do mural de Rosalía de Castro. / Noé Parga

O Concello de Vilagarcía foi un dos municipios que puxo en marcha un maior número de actividades. Así, la biblioteca municipal abriuse onte unha nova edición da exposición sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. A mostra, que estará aberta ata o 23 de marzo, está formada por paneis informativos e coa reprodución de cubertas dalgunhas das súas obras. A parte informativa da obra susténtana dous paneis que fan un percorrido pola vida e obra da escritora e que se atopan no vestíbulo da casa da cultura. Durante todo o mes, a biblioteca repartirá marcapáxinas conmemorativos entre os usuarios.

Mostra sobre Rosalía na biblioteca municipal.   | // NOÉ PARGA

Mostra sobre Rosalía na biblioteca municipal. | // NOÉ PARGA / R. A.

Outra das iniciativas son as sesión musicadas de “Rosalía en 4 poemas e 4 cancións”, desenvolvida pola Concellería de Educación e que percorre os centros de secundaria estes días. O espectáculo está protagonizado polos músicos Dani Barreiro e Borja García. No Castro Alobre, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística puxo a disposición da comunidade educativa un obxecto cun lema e decorado con traballos do alumnado. Se en 2021 o obxecto elixido foran as mascarillas, este ano apostouse polas chapas e a elección non resultou sinxela, xa que se presentaron máis dun cento de traballos, resultando gañadores Vera Pesado Ventoso de 1º da ESO e Carlota Magán, de 3º da ESO.

Dani Barreiro e Borja garcía no IES Bouza Brey.   | // NOÉ PARGA

Dani Barreiro e Borja garcía no IES Bouza Brey. | // NOÉ PARGA / R. A.

Outro centro que implicou a todo o alumnado foi o colexio Torre-Illa. No patio de Infantil celebrouse unha pequena homenaxe ante un mural adicado á escritora, nun acto no que non faltaron alusións ás dornas que, cada ano, lle renden unha homenaxe á escritora padronesa. Nesa homenaxe participaron os máis pequenos do colexio.

Vera e Carlota amosan as chapas cos seus deseños.   | // NOÉ PARGA

Vera e Carlota amosan as chapas cos seus deseños. | // NOÉ PARGA / R. A.

O CPI de Pontecesures tamén foi un dos centros premiados no concurso escolar “A Nosa Rosalía”, acadando o segundo posto na categoría “Campaniñas”, dirixido a escolares de 1º e 3º de Educación Primaria.

[object Object]

As catro librarías que existen en Cambados agasallaron onte ás persoas que mercaron literatura en galego, contando para iso coa colaboración do Concello. Así, cada persoa que mercou un libro escrito en galego, recibiu como agasallo un exemplar de “Basiliana”, o libro póstumo de Luís Rei, que foi presentado esta semana tras ser rematado por Emilio Ínsua e Francisco Fernández Rei. Foi a Concellería de Cultura, dirixida por Tino Cordal, a encargada de repartir vinte exemplares entre cada unha das librarías existentes en Cambados. A maiores, as persoas que escolleron a literatura galega tamén recibían unha rosa como agasallo. “Basiliana” foi presentado o pasado martes en Exposalnés e céntrase na figura de Basilio Álvarez, un sacerdote e político que adicou parte da súa vida a reclamar melloras para os campesiños, como a eliminación dos foros ou a creación das caixas de aforros. Rei chegaría a el a través da figura de Ramón Cabanillas, amigo personal do sacerdote.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents