O Apalpador anima as datas festivas aos máis pequenos na comarca do Salnés
A Deputación presume de que as actividades chegaron a máis de 7.000 nenos en toda a provincia, gardando sempre as medidas oportunas

O Apalpador durante unha visita á Illa de Arousa. | / IÑAKI ABELLA / R. A.
R. A.
As tradicións son sagradas, e incluso as pandemias non son capaces a frealas. Iso foi o que ocorreu co Apalpador que a Deputación de Pontevedra levou a todos os concellos da provincia, chegando ao corazón de 7.000 nenos, entre eles, un bo feixe de rapaces da comarca do Salnés. A xira nestes lares comezou en Ribadumia, no local social de Barrantes, cunha sesión moi acolledora; en Meis xuntáronse as nenas e nenos dos campamentos no precioso Mercado de Abastos e fíxose unha sesión fantástica coa alcaldesa; en Meaño xuntouse moita xente e foi preciso repetir a sesión porque cando estaba a rematar apareceu máis cativada.
No Grove a intensa chuvia parou xusto no pasarrúas do Apalpador , que actou para a pouca pero estupenda xente que estaba na carpa do mercado de nadal do Concello aproveitando para facer compras, libros, artesanía.... “Unha nai do Pais Vasco coa sua filla cóntanos a historia do Olentxero e mandámoslle saúdos ao noso compadre a través da neniña.”, explicou a figura do Nadal galego. En Cambados fíxose un pasarrúas longo e incluso houbo unha conexión en directo do Apalpador cunha radio doutra provincia explicando o proxecto con música en directo.
Na Illa, despois dun xantar e baño nas augas do mar do parque natural do Carreirón o Apalpador foi á Casa do Concello que se encheu de nenos estendendo a sesión con contos, cantigas e poñendo en valor o espazo natural do Carreirón. En Vilagarcía foi unha fin de viaxe “apoteósica” coas rúas cheas de xente: “cada vez que paramos en minutos xuntábanse mais de 100 persoas”. Foron precisos un total de 6 pases en distintos espazos, nos que a xente tirou dos móbiles para quitar fotos, bailar e cantar cos músicos nunha xornada que comezou ás 19.00 e rematou case ás 22.00 horas.
- Uno de los rescatadores de Areoso: «Una hora más y no lo cuentan»
- Valga cierra el plazo para solicitar hogueras el viernes
- Los nuevos viñedos de Rías Baixas brotan con fuerza
- Las fuentes de Arzobispo Lago vuelven a las andadas
- Las estrecheces presupuestarias obligan a variar el tradicional recorrido de la procesión del Carme de A Illa
- Ya es oficial: el centollo se va de veda en toda Galicia
- Estupor ante la apertura de más zanjas en la calle Conde Vallellano de Vilagarcía
- El lunes habrá sardina fresca del «xeito» para San Juan