OBITUARIO

Para Ernesto Falcón

Gonzalo González*

Dise que cando un amigo se vai, tamén se vai parte da nosa historia. É como se nos alexaran unha parte do noso corpo.

Ernesto era un home que loitou por acadar os mellores logros para a súa contorna; non daba o brazo a torcer e sempre ía de fronte. Loitador incansable e de firmes conviccións.

Na súa entrega queimaba a derradeira gota de suor e sempre ía para diante. Os que te coñecemos, sabiamos que o teu alento nos daba forza para seguir ata a meta. Unha mágoa e un gran legado que perdurará para os que te coñecemos e para as seguintes xeracións. E orfos dun amigo único onde atopabamos un anaco de acougo. Ata sempre amigo Ernesto.

*Gonzalo González é un empresario cambadés.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents