A charla de onte no Grove foi unha nova homenaxe a Emilia Pardo Bazán por mor do centenario do seu pasamento. Sumouse a outras coma a presentación do libro “En el país de las rías”, de Ceferino de Blas, e á exposición que FARO e maila Deputación levaron por diferentes vilas da provincia.

Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa (A Coruña, 16 de setembro do 1851-Madrid, 12 de maio do 1921) foi presentada onte como una precursora do feminismo e unha pioneira da promoción do turismo na provincia e en Galicia. Pero tamén foi crítica lteraria, poetisa, dramaturga,editora e conferenciante.

Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa foi novelista, periodista, crítica literaria, poetisa, dramaturga, traductora, editora, catedrática e conferenciante.

Pero tamén unha precursora do feminismo e do turismo, converténdose daquela nalgo semellante a esas persoas que honxendía se coñecen como “influencers”.

Pero Pardo Bazán foi moito máis, xa que pola súa cultura, pola súas viaxes e pola súa paixón, foi quen de amosar como non fixo ninguén os valores turísticos das Rías Baixas, vilas coma O Grove e sitios tan fermosos coma a illa da Toxa.

O mellor de todo é que o fixo cando eso de dar a coñecer un sitio polos seus valores turísticos aínda non estaba de todo inventado. Dende logo, non tiña nada que ver coas campañas promocionais que se fan hoxendía.

A charla sobre Emilia Pardo Bazán. Iñaki Abella

Por eso se pode decir que foi unha adiantada ó seu tempo e que, gracias a esta muller, que foi tamén condesa de Pardo Bazán, A Toxa chegou a ser un dos destiños máis importantes do mundo.

Así quedou reflictido onte na charla-coloquio “Pardo Bazán, precursora do turismo”, organizada pola Deputación de Pontevedra e FARO DE VIGO.

Foi na Sala das Cunchas da casa do concello, onde participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e mailo alcalde do Grove, José Cacabelos.

Aínda que os grandes protagonistas eran o escritor e exdirector do FARO DE VIGO, Ceferino de Blas, autor do libro “Emilia Pardo Bazán en el país de las rías”, o historiador local Francisco Meis Durán, e maila investigadora, divulgadora e historiadora Silvia Cernadas.

A chegada dos invitados e mailo público á Sala das Cunchas. Iñaki Abella

De Blas fixo especial fincapé nas estadías de Pardo Bazán nos balnearios galegos, entre eles o da Toxa, dende que lle foi descuberta unha enfermidade hepática á que lle conviña un tratamento con augas mediciñais, que primeiro recibiu en Vichy (Francia) e que desde finais dos anos oitenta do século XIX, e ata o 1920, procuraba na súa Galicia, terra que percorreu “palmo a palmo”, como espuxo o seu biógrafo Enrique Cornide.

Tamén fixo mención De Blas ao artigo “Bocetos de paisaje gallego” publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana que dirixiu Murguía, no que se fala da primeira viaxe en tren de Pardo Bazán, primeiro “dende Santiago a Carril, e dende alí a Vilagarcía, Caldas e Cuntis, nunha dilixencia e hospedándose en fondas que detestaba”.

Unha viaxe “que describe o percorrido do Umia, o seu poder termal descuberto polos romanos e que da vida a vilas como Caldas, por onde serpea, e a Cuntis”.

Ejemplares de la revista "La Ilustración", en la que Pardo Bazán hablaba sobre A Toxa.

O poñente lembrou que Pardo Bazán “viaxaba tódolos veráns a Galicia, invariablemente ao balneario de Mondariz, dende 1887 a 1920, meses antes da sú morte, en 1921”.

E rematou decindo que “tamén dedicou algúns días á Toxa e outros a Vigo, onde se aloxaba na finca da Pastora, coa familia Ozores, no hotel Continental”.

Nunha noite de lúa á campá

Fíxoo despois de destacar a fermosura do porto do Grove nunha noite de lúa chea tan impresionante coma a de onte. Algo que tamén namorou a Carmela Silva e a todos cantos tiveron a oportunidade de asistir a este charla.

A intervención de Ceferino de Blas. Iñaki Abella

“O noso é un pobo fermoso con moito que ofrecer, e diso sabía moito unha loitadora e firme defensora dos balnearios, do turismo e da igualdade da muller coma dona Emilia”, sinalou o alcalde, José Cacabelos.

Foi de seguido cando Carmela Silva falou do importante papel de Pardo Bazán, “unha articulista e opinadora habitual do FARO DE VIGO” que, como a propia presidenta da Deputación, desfrutaba cada vez que ía ó Grove.

Como desfrutaba Silva presentando ós destacados persoeiros que ían falar despois dela: Silvia Cernadas, Francisco Meis e, sobor de todo, Ceferino de Blas, que voltou a demostrar o gran coñecemento que ten daquela que foi “a muller máis famosa de Galicia”.

O autor de "Emilia Pardo Bazán en el país de las rías". Iñaki Abella

Falou dela con paixón. A mesma que movía as verbas e as mans dun Francisco Meis que se atopaba na súa salsa: falando da historia do seu benquerido pobo meco.

Contou o historiador que o modelo de turismo que máis lle gustaba a Emilia Pardo Bazán era o que empezou a desenvolverse dende o 1903. E fíxoo despois de clarexar que xa no 1891 a escritora sinalaba as “potencialidades enormes que tiñamos na Toxa, pero advertindo de que tiñamos que coidar máis e mellor dos balnearios que ela tanto quería e daquelas infraestructuras que tiñamos naquel país das mil rías”.

José Cacabelos, alcalde do Grove. Iñaki Abella

Tamén se referiu ó paso de Emilia Pardo Bazán polo salón árabe da casa dos Escuredo, amosou algunhas guías turísticas orixinais e publicacións xornalísticas da propia autora, nas que falaba da Toxa, de Mondariz e dos demáis balnearios de Galicia, España e Europa.

Unha escultura que lembre ó burro da lenda

Pero, sobor de todo, Francisco Meis aproveitou a presencia de Carmela Silva –quen tomou boa nota delo e comprometeuse a facela realidade–, para facerlle unha petición que foi tamén unha petición en vida da propia Emilia Pardo Bazán e do escritor Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña, 11 de febreiro do 1885-Madrid, 29 de abril do 1964)

Aquela petición, cáseque un rogo, non era outra que levantar na Toxa unha escultora que lembre a aquel burro descubridor das augas termais da illa do que con tanta fermosura escribiu ela, dona Emilia.

Os protagonistas revisando unha das publicacións que amosou Francisco Meis. Iñaki Abella

Francisco Meis Durán: "A lenda do burro pasou a formar parte do noso patrimonio inmaterial"

O historiador local Francisco Meis Durán falou de Emilia Pardo Bazán desde o punto de vista da promoción do turismo, ofrecendo ós presentes na casa do concello unha visión xeral sobre todo o que a escritora significou para o pobo meco, e moi especialmente, para a súa máxica illa da Toxa.

Francisco Meis. Iñaki Abella

Empezou falando de cando O Grove non tiña nada, turísticamente, e rematou pedindo que se recupere o nome de Emilia Pardo para unha das rúas da propia illa, onde xa tivo unha fai décadas que acabou desaparecendo.

Sinalou Francisco Meis que a protagonista desta homenaxe “estaba namorada dos balnearios e das augas minerais e mediciñais”. Pero das de Mondariz, xa que “só coñecía A Toxa de oídas”.

Foi no 1891 cando “apareceu a primeira referencia escrita ó noso balneario, e o que lle tiñan contado era bastante lamentable, pois decíanlle que estaba mal coidado e que todo era moi caro, pode que fora porque había un problema entre os arrendatarios”.

20

Emilia Pardo Bazán conquista el corazón de Vigo Marta G. Brea

Xa no 1899 “chegou á nosa illa desde Mondariz e ahí é cando de verdade se deu conta do que estaba vivindo e cando decidiu escribir a famosa lenda do burro que estaba a morrer e se curou bañándose nos fangos termais da illa”.

A intervención de Francisco Meis. Iñaki Abella

Aquela lenda, que “significou o descubrimento do balneario e pasou a formar parte do noso patrimonio inmaterial; e síguese contando 120 anos despois, cando o concepto de turismo se enfoca desde o enoturismo ata a gastronomía, pasando pola ornitoloxía e o turismo centrado no noso patrimonio”.

Tamén se refireu Francisco Meis a “un momento clave” na historia do turismo e da illa. Foi en 1903, cando “entrou en escea a Sociedade Anónima La Toja” e cando a figura de Emilia Pardo cobraba más importancia, “porque xa era amiga do marqués de Riestra e íase converter nunha visitante habitual da nosa illa”.

La exposición sobre Emilia Pardo Bazán te espera en O Grove

La exposición sobre Emilia Pardo Bazán te espera en O Grove Manuel Méndez

Contou o historiador, que tamén é técnico municipal de Medio Ambiente e un perfecto coñecedor da Toxa, que daquela a firma La Toja S.A. “fixo unha comida de reinauguración coa que estrerar a nova vida do balneario, e unha das persoas invitadas era a propia Emilia Pardo Bazán”.

Público participante. Iñaki Abella

E fora invitada “coa intención de que a súa figura se convertera nunha especie de imaxe corporativa do balneario, igual que hoxe temos a tanto artistas anunciando desde cremas solares ata zapatillas”.

O que fixeron os responsables de La Toja foi “proporlle que fora a divulgadora das augas termais en España, e así o ía facer, aproveitando tanto a súa facilidade para escribir coma o feito de que fora unha grande viaxeira e unha persoa inqueda e chea de motivacións que exercía perfectamente coma embaixadora do noso pobo cando viaxaba por Europa adiante”.

Facíao “fomentando sempre o turismo de balneario, pero tamén un turismo que empezaba a nacer, que era o de sol e praia”, engadeu o historiador.

Antes de engadir que en 1912, “cando se inauguraban as dúas praias de Punta Cabreira (A Toxa), dona Emilia adicáballe unhas verbas a estas praias decindo que eran coma dous senos dos que se amamantan os fillos, facendo referencia á forma circular desas zonas de baño”.

Foi unha embaixadora dos nosos pobos, da nosa provincia e das augas mineromediciñais que tivo gran influencia e fixo que persoeiros moi importantes de toda Europa viñeran a disfrutar das nosas augas e balnearios

Carmela Silva - Presidenta da Deputación de Pontevedra

Aquel guante que lle ofrecía La Toja S.A. “foi recollido” pola escritora, que “tiña moitas ganas de facer algo así e se interesaba sempre por todo canto acontecía na illa; tamén pola construcción no 1907 do Gran Hotel La Toja, ofrecéndose a visitalo para escribir un artigo que ía aparecer despois nos folletos promocionais”.

Inaugurada la exposición "Emilia Pardo Bazán en el país de las rías", en O Grove

Inaugurada la exposición "Emilia Pardo Bazán en el país de las rías", en O Grove Manuel Méndez

Tamén saía a súa sinatura no 1913, “cando se sacaba outro folleto (ensinou o orixinal) no que dona Emilia e outros especialistas contaban as maravillas do balneario da Toxa”.

Dende entón “o mundo de Emilia Pardo Bazán iba desaparecendo pouco a pouco da escea pública, no tocante ás referencias a O Grove, aínda que si sabemos que estivo na famosa casa de Escuredo porque era moi amiga de Luis A. Mestre, e moi posiblemente foi recibida no seu salón árabe”.

Meis aproveitou para contar algunhas anécdotas, como por exemplo que refundou o hospitalillo de pobres e leprosos da illa da Toxa.

Fíxoo xunto coa súa filla Blanca, en 1902, e foi esta a que puxo a primeira pedra.

Ceferino de Blas: "As Rías Baixas inspiraron a súa vocación literaria"

O prestixioso xornalista Ceferino de Blas centrou a súa intervención na influencia que sobre Pardo Bazán tiveron as súas estadías nas Rías Baixas e noutros lugares máxicos de Galicia, coma Mondariz, A Estrada, Vigo ou Pontevedra.

Ceferino de Blas. Iñaki Abella

Puxo De Blas enriba da mesa a vinculación que a nena Pardo Bazán tivo con Sanxenxo, onde os seus pais herdaran a pazo de Miraflores, un relato que recolle nos seus “Apuntes autobiográficos” escritos coma introdución á súa célebre novela “Los pazos de Ulloa”.

Lembrou o exdirector e conselleiro de FARO DE VIGO que Pardo Bazán amosou as súas experiencias no “País das Rías” no tempo no que a súa vida “discurría entre A Coruña e Madrid, onde o seu pai era diputado”.

Nese limiar a escritora da Torre de Meirás, “ainda que emprega o plural ao falar dos seus veraneos nas Rías Baixas, solo especifica que acudiu unha vez cando a familia alugou unha casa en Sanxenxo, daquela un pobo de mariñeiros,a idade de 8 ou 9 anos”.

A charla de onte no Grove. Iñaki Abella

Recolle De Blas o seu relato deste xeito: “Por entón víñamos a veranear as Rías Baixas, esa comarca encantadora entre toda las do país galego. Aloumiñada polo sol e arrolada por un mar cerúleo...”.

En tan privilexiado recanto leeu O Quixote, A Ilíada e a Biblia, rememorou o autor de “Emilia Pardo Bazán en el país de las rías”.

Carmela Silva: "Se vivira hoxendía sería unha destacada 'influencer' e arrasaría nas redes sociais"

Carmela Silva, a presidenta da Deputación de Pontevedra, non dubidou en sinalar que “si Emilia Pardo Bazán estivera viva honxendía, no ano 2021, e fixera todo o que fixo daquela para por en valor a nosa provincia, sen dúbida estaría considerada unha gran influencer do turismo que arrasaría nas redes sociais”.

A presidenta Carmela Silva. Iñaki Abella

Dixo isto lembrando que “foi unha embaixadora dos nosos pobos, da nosa provincia e das augas mineromediciñais que tivo gran influencia e fixo que persoeiros moi importantes de toda Europa viñeran a disfrutar das nosas augas e balnearios”.

Amáis, “en tódolos seus escritos falaba das Rías Baixas definíndoas como ninguén foi quen de facer e usando grandes titulares que pasaron á historia, como aquel no que nos chamaba o país das rías”.

Coida a presidenta que “as ‘influencers’ xa estaban inventadas” e que no caso de dona Emilia “sempre escribiron con agarimo e paixón da Toxa, O Grove, Vigo, Sanxenxo, Lalín, Vilagarcía, Caldas, Pontevedra e outras vilas da provincia”.

Retrato de Emilia Pardo Bazán. FDV

Por iso “tivemos nela a unha das grandes transmisoras da fermosura das nosas rías e vilas, sendo capaz de transmitir unhas emocións e una beleza que son as que se queren transmitir hoxendía cando se fan campañas de promoción turística”.

Silvia Cernadas: "Recomendaba viaxar porque sabía que facelo serve para educar"

Na charla de onte Silvia Cernadas foi, ademáis de conferenciante, moderadora. Deu paso a Ceferino de Blas para que fixera unha primeira relación entre Emilia Pardo e a provincia, baseándose no traballo de investigación que el mesmo fixo para o libro “Emilia Pardo Bazán en el país de las rías”.

Silvia Cernadas. Iñaki Abella

Logo foi Francisco Meis o que amosou ó público unha perspectiva más local, centrándose na relación de dona Emilia co Grove.

Cernadas refireuse, sobor de todo, ó Castelo de Soutomaior e ás “moitas visitas que fixo á súa amiga e tamén precursora do feminismo” María Vinyals y Ferrés (Soutomaior, 1875-París, década de 1940).

Emilia Pardo Bazán FdV

Como historiadora especializada na vida da marquesa de Ayerbe, Cernadas engadiu que a vida e obra de dona Emilia “non se está explotando o suficiente, pois o seu traballo e a súa incansable actividade como viaxeira son recursos dabondo para facer rutas, visitas teatralizadas e outras actividades culturais ó redor da figura desta precursora do turismo”.

A presidenta e mailo historiador local. Iñaki Abella

Te puede interesar:

Unha “importante viaxeira que percorreu a provincia, España e paises de Europa como Italia, Francia e Alemania escribindo unha ducia de libros de viaxes e recomendando viaxar porque era algo que servía para educar a unha persona”.

Recomendaba facelo “polo menos unha vez ó ano, porque sabía que esto daba a calquera unha importante amplitude de miras”.