A Illa reivindica o papel da muller no mar e reclama solucións para o marisqueo

Carmela Silva saúda aos ponentes á súa chegada ao Concello da Illa.

Carmela Silva saúda aos ponentes á súa chegada ao Concello da Illa. / Noé Parga

A. G.

A Illa

Visibilizar o marisqueo como un traballo profesional exercido por mulleres e compatible con espazos naturais como os que hai na Rede Natura 2000 foi unha das cuestións que se puxo onte encima da mesa no Club FARO que tivo lugar nun completo Salón de Plenos do Concello da Illa. Aínda que o principal obxectivo era dar a coñecer os resultados do programa Depomar, centrado en dar visibilidade ao traballo da muller mariscadora, o certo é que se puxeron enriba da mesa problemas moi importantes para o sector, para os que costa atoparlle solucións.

A xornada arrincou co alcalde da Illa, Carlos iglesias, exercendo como anfitrión nunha mesa onde, ademáis dos ponentes, destacaba a presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. A responsable provincial fixo fincapé en que “os galegos somos sector primario e sentímonos moi orgullosos diso, somos rural e mar, e neste espazo de costa que temos, o sector do mar ten sido históricamente moi importante, como importante foi o papel da muller sendo mariscadora, conserveira, redeira e tantas e tantas profesións nas que traballaban pero non dirixían”.Silva insistiu na idea de que “queremos que sexan protagonistas porque as mulleres do mar representan os grandes valores da loita pola igualdade e da preservación dos océanos e deben ocupar lugares de decisión no sector”.

O publicou encheu o Salón de Plenos do Concello da Illa durante o acto do Club FARO

Asistentes áo acto do Club FARO celebrado onte na Illa de Arousa / Noé Parga

Amosar a necesidade dun desenvolvemento sostible e implementar unha nova forma de organización no mar que incorpore á muller son algúns dos obxectivos do programa Depomar, que foi esmiuzado polo técnico da Deputación Gerino Ferreirós durante a súa intervención. Ese programa levou aparelladas accións de concienciación ao público de respecto ao medio ambiente, pero tamén iniciativas tendentes a dar a coñecer o traballo que desenvolvían as mariscadoras e valorizalo. “A xente douse conta de que o marisqueo é un traballo duro e que é un medio de vida das persoas”.

Pero se alguén había na mesa que coñecese por dentro o marisqueo esas eran a arousá Carme Dios Castro e a carrilexa Rita Vidal. A primeira comezou afirmando que falar de marisqueo “é falar de tradición”. Contou como, con tan só 14 anos, comezou a traballar como mariscadora na Illa, pero no que máis se centrou foi no problema que teñen coas constantes invasións de algas e co problema do turismo. O primeiro é un tema moi común a todas as confrarias que nos últimos anos se ten extendido demasiado. Entre 2019 e 2020, a Confraría da Illa retirou das praias 2.040 toneladas, a man e sen ser remunerada, topándose co problema de “non saber onde metelas”. No segundo dos problemas, o turismo, Dios Castro prantexou a necesidade de abrir o debate sobre a convivencia de ambos. “Non queremos que deixen de visitarnos, pero non pode ser que miles de persoas pisen un cultivo, como ocorre no verán, algo impensable en terra”. Prantexou medidas para evitar esa agresión, creando accesos en baixamar que garanticen a pervivencia do marisco, unha idea que Silva non dubidou en apuntar para abordar a cuestión coa Fundación para a Biodiversidade e crear un proxecto piloto.

Pola súa banda, Rita Vidal fixo un percorrido polo traballo que desenvolven as mariscadoras e o proxecto Amarcarril, unha iniciativa que dá a coñecer a importancia do traballo das mariscadoras a turistas e colexios. Vidal tamén destacou como foron superando os problemas que prantexou o COVID-19 para seguir con esa actividade, chegando a dar conferencias vía zoom. Tamén abordou a cuestión da eliminación do lixo das praias e os graves problemas que teñen cos depredadores, que van desde o xabaril ata as ouxas ou estrelas de mar.

Tan só tres patroas maiores

Pese a que a muller ocupa un papel preponderante no marisqueo, especialmente no sector de a pé, onde representa más do 70% dos seus integrantes, ese peso específico non se transmite aos postos directivos. Así, Silva esfiuzou de forma pormenorizada unha serie de datos nos que destacou que “as mulleres son o 23% dos integrantes dos órganos directivos das confrarías, tan só hai dúas mulleres no comité executivo da Federación Galega”. Este dato considera que non é xusto, xa que as mulleres representan o 31% dos afiliados á Federación pero só contan co 16% de representatividade nese órgano. Outro dato que impacta é que, das más de 60 confrarías que hai en Galicia, tan só hai tres mulleres que exercen como patroas maiores e 16 como vicepatroas. Esa limitación de presenza femenina tamén se extende a institucións como o Oceanográfico de Vigo, onde traballan 130 persoas, das que o 58% son mulleres, pero nos cargos directivos a presencia feminina limítase ao 17%.

[object Object]

Ademais de rexenerar, sementar e labrar o mar, as mariscadoras realizan un traballo incansable de limpeza das praias en todas as confrarías. Nesas limpezas tópanse absolutamente de todo, desde cabichas ata botellas de plástico. Un dos elementos que últimamente máis está aparecendo, polo seu uso na pandemia, son as máscaras. “É horroroso a cantidade de máscaras que atopamos nas praias ou en Carreirón, deberíase facer moito más fincapé en todo isto para evitar que suceda”, explicou Dios Castro. A presidenta da Deputación comprometeuse a pór a lanzar unha campaña potente “para que a xente non tire as máscaras ao mar, e que tome conciencia de que non pode ser que acaben tiradas en todos lados; falaremos tamén coa Fundación para a Biodiversidade porque hai que preservar o traballo das mariscadoras, e para iso ten que haber recursos”. Tamén falou de buscar un mecanismo para eliminar as algas e valorizar o traballo que supón retirar 2.000 toneladas, agradecendo “estas reflexións que nos permiten tomar decisións a quen pode facelo”

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents