O Club FARO recala o vindeiro martes na Illa de Arousa para falar do trascendental papel que representan as mulleres no mar, sobre todo nun entorno singular e especial como é o que forma parte da Rede Natura 2000, un espacio protexido no que teñen que convivir moitas actividades que non poden provocar afectacións a dito espazo medioambiental.

Diso falarán tres expertos que coñecen moi a fondo o mundo do marisqueo na ría arousá que van expoñer os seus coñecementos e experiencias ao público asistente ao acto que se celebra no salón de plenos do Concello a partir das oito do serán, un debate que vai ser moderado pola presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e no que interveñen o técnico Fernando Gerino e mailas mariscadoras María del Carmen Dios e Rita Vidal Mouriño.

É, sen dúbida, unha cita a ter moi en conta polos colectivos do mar da comarca, non en van forma parte do programa Depomar da Deputación que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do programa Pleamar cofinanciado polo Fondo Europeo, Marítimo e de Pesca.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra Iñaki Abella

A idea do programa radica no intento de espertar conciencias con respecto a importancia da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos da Rede Natura 2000 da provincia onde se leven a cabo actividades pesqueiras sostibles, como o marisqueo a pé, e coa participación activa e directa da muller mariscadora “xa que o marisqueo a pé é un oficio tradicional maioritariamente exercido por mulleres que xeran una enorme riqueza neste eido”.

Gerino Ferreirós, experto en biodiversidade

Gerino Ferreirós, experto en biodiversidade FDV

Hai que suliñar que o proxecto Depomar, iniciado no mes de marzo, puxo en marcha distintas accións de sensibilización que inclúen a creación dun código de boas prácticas, unha xornada técnica, campañas de concienciación e a produción dun video sobre a relevancia do traballo da muller mariscadora na conservación dos recursos mariños.

Un espazo único a protexer

É por iso que os expertos que participan na xornada do martes na Illa farán fincapé en todos estes argumentos de protección dun espacio único cómo é o formado pola Rede Natura, pero que non está rifada cos labores que desenvolven na xestión dos recursos naturais.

Un dos convidados ao debate é o experto Fernando Gerino Ferreirós Soutiño, que é enxeñeiro técnico agrícola e traballa como tal no Servizo de Medio Ambiente Natural da Deputación de Pontevedra desenvolvendo programas da Fundación Biodiversidade, como Depomar, onde se ocupa de levar a cabo as distintas accións que conforman o proxecto.

María del Carmen Dios foi a primeira presidenta dunha confraría galega FDV

É de destacar na sua currícula que a súa carreira profesional está vencellada aos campos da agricultura e xardinería, traballou no Proxecto de Sementeira Cáritas Interparroquial en Arousa, para a incorporación de colectivos en risco de exclusión social e tamén como docente de agricultura ecolóxica en obradoiros de emprego.

Repecto as mulleres do mar propiamente ditas cómpre suliñar a participación de María del Carmen Dios, coñecida popularmente como a “presidenta das mariscadoras” por ser a representante do sector de marisqueo a pé da Illa de Arousa, unha muller moi comprometida co coidado do medio e a biodiversidade.

O papel da muller

É de salientar asimesmo que Dios é unha firme defensora, tamén, da súa profesión, da súa contorna e do papel que desenrola a muller no sector do mar e a importancia das mulleres nos postos de dirección dos órganos de goberno.

Cómpre mencionar que Maricarmen Dios empezou a mariscar aos 14 anos e en 2003 entrou na directiva da organización de produtores, OPP-20 da Illa de Arousa, da que foi a única muller presidenta. Na actualidade é membro do cabido e vogal na Confraría de Pescadores da Illa.

Rita Vidal e vicepatrona da Confraría Santiago Apóstol de Carril FVDV

Pola súa banda, Rita Vidal Mouriño é tamén mariscadora da agrupación de a pé nos bancos de Carril (Vilagarcía de Arousa) e actualmente desenvolve a función de vicepatrona maior primeira da Confraría Santiago Apóstol. Asimesmo é socia fundadora e presidenta da asociación Amar-Carril de Turismo Mariñeiro, que ten a finalidade de pór en valor o traballo das mariscadoras e garantir o relevo xeracional e a preservación do medio ambiente.

Cómpre facer fincapé en que Rita Vidal leva toda a súa vida vencellada ao mar e en 1998 foi a primeira muller subastadora a viva voz (“voceadora”) de Galicia na lonxa do seu pobo.

Responsabilidades abondo

Asemesmo, cómpre indicar que actualmente é membro das xuntas xerais da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e da Federación Galega de Confrarías, nas que participa en grupos de traballo sobre o marisqueo e a acuicultura. Tamén e expresidenta do Grupo de Mulleres da Federación Nacional de Cofradías da que agora é vogal.

O debate será moderado pola presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva que terá unha intervención sobre o significado de programas como Depomar que tentan pór énfase no labor que desempeña un colectivo que tamén estivo silenciado durante décadas e que sigue a ser igual de importante ca sempre no mundo do mar.