Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Colectivos nacidos de la pandemia
Avelino Tourís Fajardo Presidente de Árgoma Cultural de Meaño

“O confinamento alentounos para sair do pasmo cultural”

Avelino Tourís Fajardo, presidente de Árgoma Cultural.

Árgoma Cultural foi o último colectivo en xurdir en Meaño (agosto de 2020). Engádese aos outros dous que se manteñen desde desde fai décadas, representados pola “Penaguda” de Dena e “GAM” de Meaño. Os tres tiraron de inxenio para manterse ao ralentí durante a pandemia. Pero coa ilusión de recén chegado, o pulo de Árgoma aposta por emerxer en 2022 “cando o ceo despexe”. A lingua, a memoria histórica e o poñer en valor a Meaño coa súa paisaxe e xentes, é o obxectivo de fondo que persegue esta asociación. Un obxectivo que, precisamente a partir de vindeira semana, se plasma no seu concurso de fotografía “II Obxectivo Árgoma”, con Meaño como obxetivo das cámaras.

–Como se forxou Árgoma Cultural? –

É un proxecto que veu madurando durante dous anos, froito de falar cun grupo de xente con dinamismo, que quería sumar nun eido cultural que se vía estancado en Meaño. Primeiro empezamos mantendo o contacto e a falar desa inquietude a través dun grupo de whatsapp, cando estabamos aí, en plena pandemia. Lembro ben cando Iago Lorenzo (vicepresidente na directiva) preguntoume un día se ao final dabámoslle para adiante… Era unha tarde de sábado, desas un tanto mortas pola situación, e aí decidinme a dar o paso. En parte, o confinamento alentounos a facer algo para saír do pasmo.

Inspiración en la naturaleza

–Por que o nome de Árgoma? Que significa o termo?

–Fai un tempo, falando cun biólogo da Universidade de Vigo, explicábanos que se o mundo se parara durante cen anos, o monte galego rexeneraríase só e a base de toxo, que é a planta endémica dos nosos montes. O variedade do toxo galego é o chamado “toxo arnal”, que no eido científico chámase “árgoma arnal”… De aí veu o termo elexido, co paralelismo de contribuir nós a rexenerar, neste caso, a cultura.

–Cantos socios o forman?

–Somos sete directivos cun pequeno grupo de xente arredor, e que estamos brotando como a árgoma. Formalmente presentámonos en sociedade o 2 de agosto de 2020, pero coa pandemia imos un tanto ao ralentí, en espera de que isto pase. O obxectivo que temos na cabeza é que 2022 vaia ser o ano de abrirnos de cheo e empezar a facer masa social.

–Cando chegan, con que panorama cultural se atopan en Meaño?

–No ámbito deportivo Meaño ten movemento, con algúns clubes traballando ben e, en plena pandemia, cun balonmano que se mantivo con público e éxitos deportivos. Amén deles, unha banda de música que é do mellor, con moito dinamismo no eido musical. Pero, logo, na cultura propiamente dita, apenas nada: Meaño é un concello sen dinamismo nese ámbito, sen oferta cultural, sen cine, sen teatro, sen eventos, sobre todo no inverno. Bótase en falta esa alternativa sociocultural, algo máis que ir ao bar, ver a televisión, o mobil… E que contribúa a formarnos en sociedade.

Impulso social

–Neste tempo organizaron concurso de fotografía, cine, andainas… Cal é o vindeiro evento?

–O vindeiro é xa na semana que ven, en que presentamos o “II Obxectivo Árgoma”, un concurso de fotografía centrado en Meaño. Tivo gran éxito na primeira edición, e a idea é mantelo aí como cita anual. Nesta edición entre os traballos presentados, elixiremos 20 finalistas, que pasarán a integrar a exposición itinerante polos diversos locais do municipio..Engadiremos un terceiro: o premio das redes sociais.

–E algún outro proxecto?

–Moitos, porque este está sendo un colectivo con xente inqueda, e iso é moi bo. Para este inverno traballamos con vistas a ofrecer algunha sesión de teatro e cine, máis un par de concertos cara o nadal. Pero non pensamos en concertos en espazos ao uso, senón en enclaves enxebres de Meaño, que casen coa música, coa afectividade e a emotividade da xente.

Compartir el artículo

stats