Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xabier Díaz: “A xente que baila é moito máis feliz”

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre 'sacan' a bailar ao público do Revenidas

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre 'sacan' a bailar ao público do Revenidas María López

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre 'sacan' a bailar ao público do Revenidas María López

Na era COVID que nos toca vivir non nos deixan bailar. Nos concertos a xente ten que estar sentada, con mascarilla e mantendo as distancias. Pero non é sinxelo manter o traseiro pegado á cadeira cando estás escoitando en directo música que che gusta. Nalgúns casos, que te apaixoa. Por elo, algúns rapaces que asistiron onte ao mediodía ao concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Revenidas animáronse a botar uns pasos improvisados nun lateral do recinto, apartados da zona de butacas. Un xesto que foi aplaudido non só polos artistas, senón tamén por todo o público. Estaban separados, con mascarilla e ao aire libre. Polo tanto, no problem.

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre 'sacan' a bailar ao público do Revenidas

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre 'sacan' a bailar ao público do Revenidas María López

Díaz tíñao claro: “A xente que baila é moito máis feliz ca que non o fai”, remarcou o músico ao inicio dun concerto que comezou con puntualidade británica (ás 12.45 en sesión vermú), sen saber que na recta final da súa primeira actuación en Vilaxoán parte da rapazada deixaría os seus asentos para bailar xunto a brisa do mar.

Aínda que as nubes cubriron o sol por momentos, os gorros de palla ou calquera outro tipo de sombreiro fixeron boa falta, como complemento imprescindible para os festivaleiros que son.

Mozos e mozas da asociación Xironsa e Nós de Sobradelo sumáronse ao concerto. FDV

Hora e media de concerto

Durante hora e media, Xabier Díaz e as sete Adufeiras de Salitre (xunto co acordeonista e a persoa que toca a zanfona) deleitaron a un diverso e variado público (no que había xente de todas as idades, tamén nenos) coas súas cancións máis coñecidas, coma “O Baile de Noró” ou “No Salón das Cereixas”, un tema este último que adicou a todas as nais e avoas. “Voa o aire”, “Xota de Lira” ou “Unha, dúas, tres e castro” tamén soaron -entre outras- no escenario principal do Revenidas, no porto vilaxoanés.

Ademais dos pandeiros e as pandeiretas, as Adufeiras tamén utilizaron outros instrumentos no concerto, como follas de legoña e pedras.

Público asistente ao concerto de onte en sesión vermú no Revenidas. FDV

Xabier Díaz, aos seus “cincuenta e tantos”, quixo reivindicar unha maior presenza da música tradicional nos festivais galegos. “Non sei por que neste meu país Galicia só se programan concertos para persoas de 17 a 30 anos. Estou aquí encantado de ver a xente maior de 50 e a pícaros desfrutar da música en directo, incluso daqueles nenos que están vendo o concerto de forma gratuita dende o parque”, sinalou, provocando gargalladas entre os asistentes.

“Non sei por que neste meu país Galicia só se programan concertos para persoas de 17 a 30 anos. Estou aquí encantado de ver a xente maior de 50 e a pícaros desfrutar da música en directo”

Xabier Díaz - Artista

decoration

Non foi a única alusión que fixo o artista coruñés á xente do público, pois adicou un paso dobre a “Geli”, do Morrazo, á que “hai tempo que non vía”.

Os bailadores que se animaron a botar uns pasos de forma improvisada. FDV

Ademais dos bailadores que de forma espontánea botaron uns pasos nunha zona apartada do recinto, tamén houbo outros que acompañaron a Xabier Díaz a ás Adufeiras de Salitre na arrancadeira do concerto. Foron cantareiras mozas da asociación Nós de Sobradelo (Vilagarcía) e bailadores de Xironsa (Cambados). Para o bis que clamaba o público, Díaz elixiu repetir “No Salón das Cereixas” e no lugar de rematar cun “miña nai miña naiciña”, mudouno de xeito acertado por un “que vivan As Revenidas”.

K DJ: en galego e en feminino

Despois do concerto de Xabier Díaz en sesión vermú, tocoulle a quenda á vilagarciá K DJ, que ofreceu unha sesión de música integramente en galego e en feminino. Pola noite o Revenidas 2021 despediuse ata o ano que ven con Monouilous DOP, Zoo e Mounqup.

Compartir el artículo

stats