Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Olaia Maneiro, Alba Tarrío e Sabela Maneiro Tanxugueiras

Tanxugueiras: “Coa nosa cultura e as nosas raíces somos quen de chegar a onde queiramos”

Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro forman Tanxugueiras. Iñaki Abella

O festival das Revenidas garda sorpresa no seu interior. Tanxugueiras, protagonistas de onte, acaban de ser nomeadas por unha web especializada en Eurovisión como as favoritas para actuar no certame. Pero xa tiñan moito de especial antes deste nomeamento, pois están a modernizar o panorama musical galego dende a súa base máis tradicional: unha pandeireta, que na man das Tanxugueiras incorpora ao seu son ancestral influencias da electrónica ou do trap.

–Sorprendidas con este repentino nomeamento?

–Olaia Maneiro: É difícil non sorprenderse con algo que non sabes moi ben nin que existe! (Risas). Non o agardábamos para nada, sendo sinceras, pois foi a xente quen nos “presentou” a Eurovisión. Agora mesmo, nas nosas redes, esta mesma xente que nos votou estanos a dar ata instruccións para presentarnos de xeito oficial. Que a xente antepoña o noso grupo, en galego e de nova creación, a outros artistas en castelán e que teñen moita máis traxectoria é todo un orgullo.

Un momento de la actuación de Tanxugueiras en Revenidas Iñaki Abella

–Que a súa canción, “Figa”, en galego e con base na música tradicional sexa a favorita para Eurovisión quere dicir que algo está cambiando no panorama español?

–Aida Tarrío: É algo que demostra que coa nosa cultura e as nosas raíces somos quen de chegar a onde queiramos. Creo que isto da pulo á cultura galega e en xeral a todas as culturas das terras que forman o Estado, pois este non se basa tan só en “paella, toros y siesta”. Ver nesas cribas a Baiuca, Verto ou outros artistas cataláns ou vascos son mostras de que as cousas na industria estatal están cambiando.

–Por que cren que foi Figa e non outra canción?

–Olaia Maneiro: “Figa” foi a confirmación, logo de “Midas”. Con ela abrimos camiño, e xa vimos en redes que a pedían para Eurovisión, mais todo se intensificou con Figa. Ademais, creo que influiu tamén que Figa é máis “festivalera”, con máis movemento.

Público asistente al concierto de esta noche en Vilaxoán Iñaki Abella

–Agora mesmo tedes fans en media Europa.

–Sabela Maneiro: Vimos como as reproducións medraban en diferentes países, e ademais xa temos ata dado concertos na India ou en Escocia. Paréceme que “Midas”, a nosa canción anterior a esta, foi o gran punto de inflexión para darnos máis a coñecer. Foi lanzada no confinamento, cando a xente tiña tempo para descubrir novas cancións e atreverse con ritmos novos, por iso lle abriu a porta a unhas “pandereteiras fusión” coma nós. Pero non somos pioneiras en absoluto, colleitamos do que levan sementando dende hai anos Rodrigo Cuevas, Baiuca ou SES, foron eles os que sentaron as bases para que a xente nova se interese polas súas raices musicais.

Otro de los momentos del espectáculo del grupo revelación de Eurovisión. Iñaki Abella

–Precisamente, sen esas raices tradicionais a súa música perde a totalmente a base.

–Aida Tarrío: A nosa cultura é moi rica e debemos aproveitala e tela presente sempre. O franquismo e a súa represión intentaron acabar con ela, pero hoxe estase a facer unha labor sobresaínte na recuperación das coplas e cancións tradicionais mediante as recolleitas, que deben ser compartidas sempre en favor da cultura. As nosas letras, sen ir máis lonxe, son adaptacións ou mesmo orixinais desas coplas tradicionais das que nos alimentamos.

Compartir el artículo

stats