Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Torres e Prieto acompasan "A Irmandade das Estrelas" da gaita de Carlos Núñez

Un momento do concerto de Carlos Núñez nos xardíns de Pazo Baión. | // FDV

A mellor e mais tradicional música galega reivindicouse estes días no Pazo de Baión cos gaiteiros meañeses Alberto Torres e Antonio Prieto, acompañando a Carlos Núñez no seu concerto da xira dos 25 anos de seu disco “A Irmandade das Estrelas”. Con él subíronse ao escenario para para facer oir as suas gaitas nos temas “Aires de Pontevedra”, “An dró”, e “Greenlands”.

Retrasos

Un concerto que se aprazara este verán ata en tres ocasións polo mal tempo, pero que neste intre puido celebrarse a fins de agosto no marco do xardíns do Pazo de Baión, e co público completando o aforo disposto polo momento COVID. A racha de sol que asomou entre as nubes á última hora do serán puxo a guinda máxica ao entorno.

Alberto Torres e Antonio Prieto con Carlos Núñez y demás integrantes del grupo Cedida

Natural de Meaño, aínda que afincado en Nantes, Alberto Torres Domínguez, que tocaba por segunda vez co emblemático gaiteiro, recoñecía que esta do Pazo de Baión “foi unha experiencia única, porque non todos os días podes tocar ao lado dun artista dese calibre, que tocou cos mellores: Bob Dylan, Alice Cooper, Lou Reed ou o mesmo AC/DC, entre outros, porque Carlos Núñez ten un talento descomunal”.

Una ocasión especial

“Para min -agrega- resultou moi emotivo, tanto que sobre o escenario naquel intre acordeime de todos aqueles que me ensinaron desde neno a tocar, sempre con boas palabras, axudándome, animándome.

Pola súa banda, Antonio Prieto González, gaiteiro e presidente da asociación cultural “Penaguda” (liderando ademáis o seu grupo de música tradicional), apuntaba que “tocar ao carón de Carlos Nuñez sobre o escenario é unha experiencia única, é unha desas que vanse quedar para sempre na memoria, e poder contalo no futuro”.

Compartir el artículo

stats