Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O mellor paseo polos montes de Siradella no Grove

Os participantes poderon subor os riscos e cons do monte de Siradella no Grove- | // FDV

A ruta guiada tildada “A Siradella: un mar de pinos” foi todo un éxito no que supuxo a consecución do segundo percorrido da programación de rutas ideada polo Concello de O Grove e organizada polo Obradoiro de Promoción Turística do Salnés.

A proposta, resultou moi ben acollida ao completarse o cupo de prazas dispoñibles con inscritos que acudiron procedentes de lugares tan dispares coma Barcelona, Madrid, Bilbao ou Toledo, e por suposto dende a propia localidade meca e a súa contorna.

Paseo por el monte grovense, donde las vistas son espectaculares FDV

Esta ruta presentouse coma unha oportunidade para amosar algúns dos lugares menos coñecidos do municipio, dando a oportunidade aos inscritos de visualizar algunhas das paisaxes naturais máis incribles de toda a comarca, descubrindo una espectacular panorámica do Parque Nacional das Illas Atlánticas, de San Vicente do Mar e San Vicente de O Grove e o istmo da Lanzada.

No trazado os participantes percorreron enclaves coma o cumio do Monte Siradella, o antigo castro da Siradella ou “A figueira do Meco”, con lenda incluída, Remataron cun percorrido polo Centro de Interpretación da Natureza.

A antiga canteira de Raimundo Vázquez, serviu coma punto de encontro para o desenvolvemento da actividade. O percorrido duns cinco kilómetros de lonxitude, arrincou ás 9.30 horas e permitiu que os asistentes puidesen desfrutar da enorme riqueza natural e paisaxística da que fai gala o concello.

Recorrido por uno de los espacios singulares de O Grove FDV

Por último, a organización lembra que a vindeira semana finaliza a serie de rutas localizadas en O Grove, con “Costeando O Grove: de Punta Moreiras a Pedras Negras”, que se celebra o próximo mércores 25 de agosto, sendo a data límite para inscribirse na actividade o martes 24, día previo a realización da ruta.

Compartir el artículo

stats