Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nacho Fungueiriño Rey | Coordinador do Festaclown

“Queremos voltar á Praza de Galicia con mil persoas xuntas escachando da risa”

Nacho Fungueiriño xunto ó cartel dunha edición que xa é a séptima en Vilagarcía. | Noé Parga

O Festaclown está a piques de voltar a encher de diversión as rúas de Vilagarcía. Serán 24 espectáculos, concentrados en dez días, os que den forma a unha séptima edición que arrincará o próximo xoves 12 de agosto e que se prolongará ata o sábado 21. Voltan as risas nuns tempos no que teñen ainda máis valor.

– Volta o Festaclown, voltan as risas. Tíñano moi claro no lema deste ano.

– A verdade que sí. Tamén é certo que non se nos ocurríu unha idea maravillosa, pero sí que queríamos unha mensaxe de reivindicación. A actitude é que imos rir e imos pasalo ben. Para elo, imos facer un festival moi potente. Nesta lenta volta á normalidade é un lema de ánimo e de loita. Ademáis, manteremos a nosa atención á parte social e de momentos compartidos, algo difícil de facer nestes momentos. Non queremos desligar o festival dese espíritu de axuda e de integración.

– Son sete anos xa os que leva o festival en Vilagarcía. ¿Lémbrase daquel primeiro ano?

– Por suposto. Lembro que todo comezou por unha casualidade. Festiclown era un festival que estaba vivo e Vilagarcía estaba nun momento de cambio de goberno. Saliron unhas axudas para facer o festival e decidimos a última hora ir cara adiante. Foi unha sorte para todos e para min especialmente porque son de Vilagarcía. O Festiclown xa estaba funcionando moi ben e estaba xirando por toda Galicia. Ese era o proxecto nai e naquel momento arrancou en Vilagarcía con toda a forza. Tal foi a acollida e o arraigamento que tivo en Vilagarcía que colleu entidade propia e pasamos a nomealo Festaclown. A marca Festiclown segue adiante, pero centrándose en cousas máis sociais como as que facemos co proxecto de Paiasos en Rebeldía. O primeiro ano foi Festiclown, pero pronto xa lle pasamos a chamar Festaclown. Naceu como evento compartido para pasar a convertirse nun evento exclusivo e identificativo de Vilagarcía.

O festival medrou antes da pandemia ata chegar ós 15.000 espectadores por edición

Nacho Fungueiriño - Director do Festaclown

decoration

– ¿Cómo foi evolucionando o Festaclown desde entón?

–Desde entón evolucionou básicamente en programación. Agora temos un cartel moito máis extenso, variado e potente. Ata Vilagarcía veñen compañías de toda España e tamén de Europa. Está sendo unha aposta moi importante e tamén unha responsabilidade en aumento por parte de todos. Cada ano tentamos de ir subindo o listón do ano anterior con todo o que conleva. Unha das maiores evolucións, e diría que a que fai tirar de todo cara arriba, e todo o que aumentou a asistencia de público. O festival medrou antes da pandemia ata chegar ós 15.000 espectadores por edición. Esa é unha cifra moi importante en espectáculos deste tipo en Galicia. Agora todo está condicionado e asistencia é obligatoriamente menor, pero estamos convencidos que voltaremos ás condicións de normalidade para que todos os que queiran poidan desfrutar na rúa do Festaclown, porque ese é o verdadeiro espíritu do clown e do humor.

A diversión voltará as rúas a vindeira semana. Noé Parga

– O que non cambiou dende aquel primeiro ano é a aposta pola escena galega.

– Totalmente, iso é algo innegociable para nós. Nese compromiso e nesa identidade está o nacemento e a esencia de todo o traballo que facemos en Cultura Activa. Sempre temos unha atención especial para a arte que nace e que se fai en Galicia. Somos o principal festival de clown e arte de rúa dos que se fan en Galicia e temos que ir da man. Queremos que a maioría da programación sexa galega, pero sen perder ese equilibrio que enriquece a oferta en todos os sentidos.

“Temos moi claro que en materia de seguridade non podemos crear nin a máis mínima dúbida no público”

– Decía a concelleira Sonia Outón na presentación do evento que o Festaclown xa é algo característico das festas de San Roque. Non hai nengún escenario con máis foco en Vilagarcía que as festas patronais.

– Estamos moi contentos de estar encadrados dentro das festas. Conseguimos mesturar duas cousas moi importantes. Por un lado, estar na programación das festas de San Roque e, por outro, facelo sen perder a personalidade que ten o Festaclown. O evento mantén a súa identidade scial, a de reivindicación e de loita por valores como a igualdade, a tolerancia ou a crítica. Creo que maridamos moi ben con Vilagarcía. O Festaclown integrouse moi ben en Vilagarcía porque tamén o Concello facilita que as cousas funcionen.

O evento mantén a súa identidade scial, a de reivindicación e de loita por valores como a igualdade, a tolerancia ou a crítica

Nacho Fungueiriño - Director do Festaclown

decoration

– Este ano son 24 espectáculos en 10 días. Non está nada mal tendo en conta as circunstancias actuais. ¿Cómo resultou o proceso de configuración do cartel?

– Foi todo máis difícil que calqueira outro ano. Antes non tiñas que preocuparte tanto do que está fora da escena, fora do foco dos espectadores. Agora hai que ter coidado con todo para que os festivales sexan seguros. Temos moi claro que en materia de seguridade non podemos crear nin a máis mínima dúbida para o público. A experiencia de Festaclown ten que ser non so segura, senon tamén ten que ser percibida polo público como segura. Temos moito coidado neso e poñemos moitas enerxías en que todo saia ben. Iso fai que sexa moito máis difícil cadrar o puzzle. Os espacios teñen que ser moito máis grandes, as normas, os protocolos... Hai moitas cuestións a coidar, pero en canto o cartel hai moitas compañías que están traballando e iso facilitou as cousas.

Serán varias as localizacións nas que o Festaclown deixarase notar. Noé Parga

– Xa quedan poucos días para o inicio. Complete a frase: Todo aquel que vaia o Festaclown vaise atopar con…

–Con humor, con risa e con espectáculos comprometidos coa nosa sociedade.

“O sector está sabendo reinventarse”

– En tempos de reserva previa e control de aforos, vostedes prefiren optar pola entrada libre e respetando a orde de chegada.

– Rompemos a baralla porque levamos un ano e medio traballando en moitas programacións. Sabemos que as reservas previas cando son de balde non funcionan. Logo dase que hai moitas ausencias e, o revés, moita xente non vai por non facer a reserva. Hai que normalizar a cultura e facilitar a asistencia o espectáculo, que ademáis é na rúa. Tamén queremos axudar a dinamizar a vida da vila neses días. Para elo adiantamos os horarios para facelo máis áxil e liberar á xente a unha hora para que poida desfrutar da hostelería e gastronomía da vila.

– Unha das cuestións máis características do Festaclown é que é un humor para todas as idades.

– Eso é algo moi importante para nós. Os primeiros anos costou facer levar ese sentido a todo o mundo porque son espectáculos divertidos, gamberros e con moita retranca. Ademáis este ano temos moito espectáculo musical porque a nosa idea é incidir nese concepto de que é algo para todos.

– ¿Son tempos duros para as risas no sector da escea?

– Hai moita dificultade, pero non queremos caer no discurso catastrofista. Festaclown se continúa facendo e en Cultura Activa non paramos e os nosos artistas tampouco. A cultura segura está funcionando e o sector está sabendo adaptarse e reinventarse. Decía Jango Edwards que cada mañá debes levantarte e mirar ó espello e rir ata que te doan as meixelas. Cremos neso. Sempre hai motivos para velo dunha forma positiva e loitar.

– Mirando cara o futuro, ¿quedalle o evento marxe de crecemento?

– Estamos seguros de que sí. Queremos voltar á Praza de Galicia con mil personas xuntas escachando da risa. Esa é a nosa imaxen icónica.

Compartir el artículo

stats