Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As dornas remontan o Ulla por Rosalía

Un grupo de ronas remonta o Ulla camiño do parque do Espolón de Padrón en 2019. | // NOÉ PARGA

Foi no verán de 2013 cando un grupo de dornas se atrevía a facer unha travesía practicamente descoñecida para a navegación tradicional desde facía décadas: o remonte do Ulla desde a praia de Vilarello ata o parque do Espolón de Padrón. A ocasión ben o merecía, xa que se trataba dunha pequena homenaxe do mundo do mar e da vela tradicional a Rosalía de Castro, cun pequeno acto diante do busto que ten no parque padronés.

A idea xurdiu do maxín dun integrante da asociación dorna pero, á vez, presidente da Fundación que leva o nome da escritora, Anxo Angueira, co gallo da celebración do 150 aniversario da publicación do poemario “Cantares Gallegos”, libro onde se atopan os versos que dan nome a esta actividade, uns versos que se referían á estampa náutica do río Ulla que a escritora podía apreciar desde a súa casa.

Desde aquela lonxana xornada de 2013, as dornas remontaron todos os anos o Ulla, incluso o ano pasado en plena pandemia, aínda que nesa ocasión tan só foron tres dornas e “O Piueiro” , un volanteiro recuperado na Guarda que loce na súa vela a imaxe de Rosalía e a lenda “eu son libre”.

A navegación tradicional volve a celebrar “Inchadiña branca vela” na honra de escritora

decoration

Este ano, a flota volverá a ser numerosa, mantendo as precaucións ás que obriga a loita contra o COVID-19. Nesa frota estarán, ademaís das dornas da Illa, o volanteiro e unha gamela da Guarda, ademáis de varias embarcacións doutras rías.

A cita será o vindeiro sábado e será moi semellante a anos anteriores. Sobre as 15.00 horas partirá a frota desde a praia de Vilarello para aproveitar a preamar e co obxectivo de arribar ao parque do Espolón sobre as 17.00. Ademáis das dornas participarán algún galeón, barcos de maior porte que no remontarán o Sar ao ser imposible o seu paso por debaixo das pointes que se atoparán no camiño. Xa no parque do Espolón ofrecerán os seus remos como ofrenda á escritora e culminarase o acto co himno galego. Parte da flota regresará ao termo dos actos, mentres outra quedará a descansar en Padrón.

As previsións meteorolóxicas non son boas no que respecta á aparición de choivas que poden deslucir o acto, pero o vento, en principio, apunta a que será favorable para a navegación. A homenaxe a Rosalía é un dos actos máis emotivos que organizan as embarcacións tradicionais na ría de Arousa.

Convoi por toda a costa galega rumbo a Moaña


A localidade de Moaña acollerá a partires do día 5 de agosto os XV Encontros de Navegación Tradicional, un evento no que van a participar o bo feixe de embarcacións de toda a costa galega. A maior parte de las participarán nun convoi que partirá o día 1 de agosto, a primeira hora da mañá, desde Ferrol, e a el iránselle unindo embarcacións a medida que vaia pasando pola bocana das rías. A de Arousa será unha das zonas que máis barcos aportará a este convoi que servirá para que todos pos barcos entren xuntos no porto de Moaña, ofrecendo un espectáculo impresionante. Este convoi xa se artellou hai dous anos para os Encontros celebrados na Guarda.

Compartir el artículo

stats