Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Marilar Aleixandre nn | Escritora e membro da Real Academia Galega

“Escribir unha novela é como unha doenza crónica porque nunca sabes cando remata”

Marilar Aleixandre. | // XOÁN ÁLVAREZ

Falar con Marilar Aleixandre e facelo cunha persoa referencia na literatura e na investigación. Premios destacados en ambo-los eidos confirman as súas altas capacidades. Unha escritora que se apaixoa coas historias que narra e que onte estivo en Vilagarcía como invitada en “Letra de Muller”, temática abordada polo evento Vilagarcía, Cidade do Libro. Unhas xornadas que convertirán o parque Miguel Hernández en paso obrigado nestes días para os amantes dos libros.

– ¿Qué lle parece que fora invitada a este evento en Vilagarcía no que se destaca o papel da muller na literatura?

– Agradezo moitísimo o Concello que se organice a Cidade do Libro. É moi importante poñer de relevo o papel do libro, pero que se lle adique unha sesión á literatura de autora é asimétrico. Penso que é tratar a mulleres e homes de distinto xeito. Dase a entender que cando a literatura non leva xénero só se refire a de homes. O Día das Letras Galegas a Real Academia Galega editou un folleto e un texto de Xela Arias de 1991 donde di o mesmo. Con todo o agradecemento e respecto; en 2021 non se debería diferenciar entre literatura de muller e de home.

– Estudando a súa traxectoria, motivos hai máis que de abondo para que estivera en Vilagarcía. Sen ir máis lonxe, de seu é o primeiro libro de Ciencias publicado en galego.

– Pois é certo. Foi case simultáneamente publicado co primeiro libro de texto de Ciencias Naturais en galego. O libro chamábase “Seteestrelo” e foi para 1º e 3º de BUP. Fixeno con xente de Vigo coa que compartín durante trece anos no IES Castelao. Levabamos moitos proxectos de innovación, estudos e saídas ó campo. Tamén escribín nos primeiros folletos de Ciencias en galego. A outra parte da miña vida.

Con todo o agradecemento e respecto; en 2021 non se debería diferenciar entre literatura de muller e de home

Marilar Aleixandre - Escritora

decoration

– Precisamente de Ciencias ven vostede. O seu coas letras empezou a raíz de escribir publicacións para partidos clandestinos en tempos de represión. Iso ten que contalo, por favor.

– Foi de cando eu estudaba na Universidade. Daquela, nos últimos anos 60, os partidos eran clandestinos e tamén as asociacións de veciños, incluso había que ter certificado de boa conducta para sacar o carné de conducir. Todo o que se publicaba daquela, se era crítico era clandestino, non había outra maneira. Era escribir contra a dictadura franquista. O chegar a Galicia empecei a aprender galego e a falar en galego. O destino levoume a formar parte da familia López Facal e iso é como beber do caldeiro de Obélix, pero do galego. E así fun empezando a escribir literatura e moitos relatos.

– Fai dous anos recolleu en Estados Unidos o premio da organización internacional de investigación en didáctica das ciencias (Narst), o galardón máis importante do mundo neste eido.

–Foi un premio a toda a traxectoria polo traballo de investigación en Didáctica das Ciencias. Neste premio, cando me nominaron, dubidaba moitísimo que mo deran. Pouca xente foi ganadora sendo de fora de Estados Unidos. Fun a cuarta persoa europea en levalo. Foi por un traballo feito na USC sobre as teses que dirixín. Un desenrolo sobre argumentación e como é a forma de apoiar os coñecementos mediante probas. Tamén trataba do pensamento crítico. O meu último libro en inglés sobre pensamento crítico. Algo que debería estar máis presente na sociedade. Unha persoa con pensamento crítico pode distinguir o bo e o malo e argumentalo. Crítico non sempre quere decir negativo. Neste mundo iso e moi importante. Cuestións como os movementos antivacina ou o medio ambiente deberían ser razoados e non co único argumento do económico.

Unha persoa con pensamento crítico pode distinguir o bo e o malo e argumentalo

Marilar Aleixandre - Escritora

decoration

– ¿Con tanto traballo acumulado en investigación como se organiza para adicar tempo o xénero literario?

– Boa pregunta. Agora son xubilada e neste momento teño máis tempo. Para min escribir unha novela é como unha doenza crónica, sabía cando empezaba pero nunca cando ía rematar. Había novelas que me levaban 3 anos. Sen embargo, “As malas mulleres” fíxena no confinamento.

“Son das que leo de todo, pero un bo libro emociona, fai pensar e tamén dubidar de certezas adquiridas”

– Unha das súas novelas xuvenís, “A cabeza de medusa” (Anaya, 2009), aborda o tema das agresións sexuais. Parece ser que está tendo máis influencia e seguimiento agora entre a xuventude. ¿Qué lectura fai?

– É certo. Unha novela que foi premio Novela Xuvenil de Xerais no 2008. Nese momento líase nos institutos, pero menos que outras. Eu o relaciono co caso da Manada, foi cando estivo máis presente o das violacións. No momento da novela falábase da violación simbólica e social. O dilema da protagonista era denunciar ou non. É un libro baseado nun caso real que ocorreu cando eu era directora do IES Castelao. A putabilidade faise recaer sobre a violada. Marcoume moito todo aquilo e despois de publicar a novela, chegoume un correo dunha muller que me daba as gracias por escribir o libro. Iso é o que reflicte. Neste momento responde a unha inquedanza que ten moita xente e agora estanse dando moitos pasos adiante no que se refire a non calar ningún tipo de agresión porque é a única maneira de terminar con elas.

Hai moitas persoas que entenden que o feminismo e unha corrente de pensamento moi importante que está mudando a visión da sociedade neste século

Marilar Aleixandre - Escritora

decoration

– ¿Cómo está actualmente o papel da muller na literatura galega?

– A ver eu creo que neste momento está moi ben comparado cando eu comecei a escribir. O meu primeiro libro foi de 1989. Daquela había mulleres, pero eran moi invisibilizadas. Non se tiñan en conta, sobre todo no caso das narradoras. A veces hai xente que protesta e di que para publicar agora hai que ser muller. Agora hai máis facilidade para publicar, pero se segue mirando de distinto modo á muller. Como se houbera que encontrar unha causa de esa publicación máis alá do que se escribe. Nunha sociedade ideal escribiríamos igual. Eu escribo como muller e como galega.

Agora hai máis facilidade para publicar, pero se segue mirando de distinto modo á muller

Marilar Aleixandre - Escritora

decoration

–Por último, un bo libro é para vostede...

– Eu son das que leo de todo, pero un bo libro é algo que emociona, fai pensar e tamén dubidar de certezas adquiridas. Como decía Kafka, un bo libro da como unha labazada.

“Agora os xóvenes len máis que nunca”

– Nada en Madrid, con orixes valenciáns e andaluces, e que sumerxeuxe de cheo no galego para escribir. Vaia mestura.

– As galegas e os galegos somos como os de Bilbao que podemos nacer onde nos pete. Eu nacín na época na que secuestraban nenos nos hospitais, así que o mellor non sei nin de donde son.

– Incluso forma vostede parte da Real Academia Galega. Unha activista plena no medio dun proceso de uso non sexista da lingua.

– Un traballo moi importante. Eu son feminista e forma parte da miña traxectoria. Hai moitas persoas que entenden que o feminismo e unha corrente de pensamento moi importante que está mudando a visión da sociedade neste século. Ten que haber igualdade e agora xa hai conciencia diso. E tamén é unha parte moi importante na defensa da lingua. Na RAG pódese entrar igual por guapo e por guapa. O masculino e xenérico, pero pensamos con palabras e a lingua ten que cambiar coa sociedade. Hai 12 anos pelexei porque a Asociación de Escritores da Lingua Galega pasara a ser a Asociación de Escritores e Escritoras da Lingua Galega. Agora podes entrar no diccionario por neno ou por nena. Antes entrabas por neno/a. No diccionario da RAG xa está regulado e é un traballo impresionante. Pódese entrar das dúas formas. Ademáis quitáronse expresións sexistas ou racistas. Agora hai alumnas e profesoras. Eu mesmo cando escribo de literatura procuro ter coidado.

–Nestes tempos de pantallas, ¿como anda o consumo de literatura?

–Se lee cada vez máis e os xóvenes máis que nunca. Agora a xente nova está alfabetizada e antes non había nin bibliotecas. Era dificilísimo. Agora hai a posibilidade do acceso. As estatísticas din que a xente nova lee moito máis que antes.

Compartir el artículo

stats