Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xoán Hermida nn | Autor de “A saída da encrucillada”

“A nova política acabou convertida en forza subsidiaria do bipartidismo”

Xoán Hermida é autor do libro “A saída da encrucillada”. Gustavo Santos

O vilanovés Xoán Hermida culmina a triloxía que iniciou no 2014 sobre o ascenso ao máis alto e a caída posterior das marcas que saíron daquel ilusionante 15-M. Con “A saída da encrucillada. Epitafio para a nova política en Galicia”, Hermida completa as experiencias da súa militancia. O libro será presentado o vindeiro xoves, ás 20.00 horas, no salón dce actos da Casa da Calzada, a antiga Exposalnés. O acto contará coa presenza do edil de Somos Tino Cordal.

–Aínda non hai unha década que naceron movimentos como Podemos ou as Mareas e vostede xa asina o seu epitafio.

–Considero que é así. O libro forma parte dunha triloxía sobre a experiencia que vivimos despois do 15-M, non só en Galicia, senón tamén en España, onde Galicia acabou sendo a precursora, nas súas eleccións autonómicas, do que pasou en Madrid o pasado mes de maio. Eu creo que os instrumentos que saíron do 15-M, como por exemplo Podemos, están mortos. Agora, creo que hai motivo para a esperanza, porque son dos que opina que aínda quedan moitos interrogantes que ese movimento puxo encima da mesa, por exemplo, a rexeneración política, que inda non se concretou. Precisamente porque Podemos pasará a ser a Esquerda Unida dos vindeiros anos este libro é un epitafio, ainda que hai xente que xa o define como unha autopsia. O libro escribiuse durante a pandemia e acaba nas eleccións galegas, pero o que pasou en Madrid ven a ratificar ese fin de ciclo.

–En Galicia quizáis influiu na ruptura o choque de nacionalismo e centralismo

–Creo que o problema de En Marea e Podemos vai máis alá dese debate. Se iso fose así, a debacle só tería acontecido en Galicia, pero vimos despois como Podemos se autodestruía en Madrid, quedando moi marxinalizado. Podemos e outros partidos, puideron ser alternativas de goberno ao bipartidismo, pero pero diferentes decisións estratéxicas derivaron en que esa formación deixase de ser un movemento transversal para convertirse na Esquerda Unida 2.0. O bipartidismo non é só dous partidos, sempre houbo moitos máis, o bipartidismo é que só dous poden ser alternativas de goberno, e estamos regresando a iso pola decepción do ciudadano.

–Pode esa decepción coa nova política ter influido no auxe da extrema dereita?

–Nisto da nova política hai tres períodos. O primeiro foi a experimentación, desde 2012 a 2013 onde somos conscientes do fracaso do sistema e denunciámolo na rúa. O segundo é un período florecente, moi ilusionante, son os anos 2014 e 2015, coa irrupción das mareas en todos os ámbitos. O terceiro, a partires de 2016, e o inicio da decadencia. No anterior libro xa advertín que, se fracasaba a nova política, o electorado podíase refuxiar na extrema dereita. Daquela Vox só contaba co 0,5% do electorado, pero víase vir o que pasou en Francia con Le Pen, en Brasil con Bolsonaro ou en Estados Unidos con Trump. Podían nacer copias que se aproveitasen da xente desencantada do sistema, e así foi. Quizais a culpa non sexa de podemos, pero cando fracasa o 15-M a xente busca solucións noutro sitio. Moitos amigos dinme que son moi negativo, eu non quero selo, pero non estou nun mítin, estou analizando a realidade, e esa é a que é.

“Os instrumentos que saíron daquel movimento, como Podemos ou En Marea, xa asinaron o seu epitafio”

decoration

–E cales foron os erros da nova política?

–Foron dous erros tácticos cometidos no 2016. En xaneiro, cando Pablo Iglesias decide non apoiar a investidura de Pedro Sánchez e deixa que goberne Rajoy. A segunda, acabar con Podemos e crear Unidas Podemos, virar cara Esquerda Unida, deixar un proxecto que estaba na centralidade social e facer esa viraxe, unha viraxe na que se perderon case 40 deputados e que convertiu a Unidas Podemos nunha forza subsidiaria do bipartidismo, volvendo a consolidar no poder aquilo que tanto atacou.

–Pero vostede fala de que aínda hai esperanza para aquel movemento que xurdiu na rúa.

–Sempre nos queda unha esperanza. A esquerda ten que saber o que está pasando e comezar a destruir mitos. O exemplo do ocorrido en Madrid é claro, mentres a dereita falaba das cousas de comer, a esquerda falaba de cousas de facía cen anos, do Frente Popular, de parar ao fascismo. Penso que a esquerda debe facer unha ampla revisión dos seus dogmas e mitos porque as demandas do 15-M seguen moi vivas, seguimos demandando máis democracia e a gran maioría de españois, según os barómetros, din que o gran problema do país son os partidos políticos, algo que amosa que todo o que denunciábamos está moi vivo. Entendo que para a esquerda vai ser un proceso máis lento do agardado, pero terá dous piares sobre os que apoiarse: o municipalismo e movementos como Más Madrid. Creo que ambos poden ser clave nun proceso transversal que conecte coas demandas que hay en toda Europa, demandas vencelladas á protección do medio ambiente ou á protección social.

Compartir el artículo

stats