Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cambados realiza a súa tradicional ofrenda floral

Un dos actos do Día das Letras Galegas en Cambados. Noé Parga

Cambados celebrou o Día das Letras Galegas coa tradicional ofrenda floral no monumento de honra a Ramón Cabanillas no Paseo da Calzada. Un acto que contou coa presenza dos concelleiros Constantino Cordal, Samuel Lago e Fernando Patricio ademáis da neta do poeta, Pitusa Cabanillas.

Por razóns de restriccións COVID o acto non contou coa lectura tradicional e tampouco coas actuacións musicais.

A ofrenda floral celebrada onte. Noé Parga

Cabe reseñar que o Concello de Cambados tiña prevista unha importante programación cultural con motivo das Letras Galegas. Uns actos que quedaron adiados cara o mes de xuño.

O que sí se celebrou onte foi un concerto vía streaming do grupo “Onte e Hoxe” a través das redes sociais dos concellos de Cambados, Meaño, O Grove, Ribadumia e Vilanova.

Compartir el artículo

stats