Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A posta en valor da tradición oral da Illa

O equipo de dinamización lingüística do colexio foi o impulsor desta iniciativa. | // I. ABELLA

Conseguir que todo un colexio participe nunha iniciativa educativa xa ten mérito en por si, pero se ademáis esa colaboración redunda en beneficio da posta en valor da sabiduría popular e tradicional pois dobre trunfo. Iso é o que acadou o equipo de dinamización lingüística do colexio Torre-Illa cunha iniciativa coa que se pretende protexer, manter e dar a coñecer as sinais de identidade que, desde sempre, caracterizan á súa veciñanza.

Carlos Abraira, José Antonio Gómez, María José Otero, Guillermo Penide e Alejandro Pérez, xunto a mestra de Educación Infantil Sara Antelo, conforman o equipo de traballo que artellou a estratexia a seguir. “Estamos tendo unha perda de uso do galego moi grande e dentro do proxecto do curso tiñamos o de traballar na defensa das expresións populares da Illa e estamos moi contentos do resultado”.

Estamos tendo unha perda de uso do galego moi grande e dentro do proxecto do curso tiñamos o de traballar na defensa das expresións populares da Illa e estamos moi contentos do resultado

Carlos Abraira - Mestre do colexio Torre-Illa

decoration

Foi o pasado mes de xaneiro cando comezou a recapitulación de formas, palabras e expresións que usan os veciños arousáns. Os 232 alumnos que integran o centro volcáronse na iniciativa e, pouco a pouco, foron recopilándose vocablos e frases. Todas elas, máis de 200, que se convertiron no contido dun portal web que se pode atopar no seguinte enlace https://www.thinglink.com/scene/1446057359095889921.

Baixo o título de “O que o carcaman di” creouse o dicionario virtual da Illa de Arousa nunha combinación perfecta entre o tradicional e o vanguardista, ou o que é o mesmo, entre a comunicación máis característica e as potencialidades das novas tecnoloxías.

Accedendo o enlace poden observarse as expresións recopiladas e verbalizadas polos propios alumnos e seguidas dunha explicación do seu significado

decoration

Incluso accedendo o enlace poden observarse as expresións recopiladas e verbalizadas polos propios alumnos e seguidas dunha explicación do seu significado. Todo iso convintemente ordeado alfabéticamente. Desde alcumes, linguaxe mariñeiro ou termos referidos a aspectos concretos da dinámica do día a día. Todo en aras de divulgar aquilo que caracteriza aos arousáns na súa particular maneira de expresarse e comunicar.

Palabras como “armadansas”, “botefa”, “carabuña” ou expresións coma “dar un pandullaso”, “e díxolle a pota á furruxa” ou “estar coma unha nasa”, son soamente algúns dos contidos dun diccionario que tamén respecta, como non podía ser doutro modo, o seseo e a gheada dentro do particular sotaque dos veciños do lugar.

Tamén se conta cun código QR para ter unha entrada ainda máis directa no dicionario a través de dispositivos móbiles

decoration

Tamén se conta cun código QR para ter unha entrada ainda máis directa no dicionario a través de dispositivos móbiles. Todo iso nun traballo de recopilación da máis pura esencia da Illa que se mantén activa e buscando que as tradicións da fala se manteñan na máis viva actualidade. Do que non hai dúbida é de que no colexio Torre-Illa todos os seus alumnos están pola labor de abandeirar a defensa do máis propiamente seu.

Compartir el artículo

stats