Cándido Duro Domínguez é un veciño do Baixo Ulla autor do poemario “Luz do Abrente Outonizo”, no cal os seus textos contan coas ilustracións de Valentina García Abalo.

Con este traballo, que se engade a outros coma “Breixo”, “O xardín das matanzas”, “Rompendo os adivais da goxa” e “Só palabras como garabullos”, o autor quere “homenaxear a esas mulleres que coas súas pegadas foron bordando os camiños e que merecerían unha alfombra vermella debaixo dos seus pés”, sinala.

Outros traballos do autor.

Pero tamén é un libro “no que se revaloriza o traballo duro e sacrificado dos nosos mariñeiros”, tanto dos que viviron do río Ulla como daqueles que “navegaron por tódolos mares e océanos”.

Amáis de tratarse dunha homenaxe a “persoas do común extraordinarias que, de non existir, habería que inventalas”, engade Cándido Duro.

Esta que é, tamén, unha lembranza “das persoas que nos deixaron o legado da calidade humana”, atopou apoio no grupo empresarial ODL, de Valga, que está facendo “unha forte aposta a prol dunha sociedade máis xusta”, según conta o propio autor.

Nesta empresa valguesa sinalan que está a “indagar en tódolos ámbitos culturais e literarios da nosa terra”, polo que creeu “moi interesante” dar a coñecer este poemario “do noso amigo e veciño Cándido Duro Domínguez, xa que é un libro que trata sobre o noso legado histórico”.

E o que fai ODL é, ata o día 31 deste mes, agasallar a todos os que o desexen cun exemplar gratuito de “Luz do Abrente Outonizo”, para que, deteste xeito, poidan “coñecer mellor a nosa historia, as nosas tradicións e ós nosos antepasados”.

Aqueles que queiran obter este poemario “só teñen que chamarnos ou enviarnos un WhatsApp o número 642 807 557 para facer a reserva, e logo poderán recollela nas nosas instalacións en horario de 07.00 a 15.00 horas, de luns a venres, ou ben na tenda de artes gráficas Adolfo Piñeiro, en Pontecesures”.