Festa grande para os nenos de Valga | FDV

Os nenos dos centros educativos de Valga viviron onte unha gran festa de entroido. Eso si, sen excesivo contacto entre eles. No CEIP Baño-Xanza celebraron durante toda a mañá o “Covid Fest”, que se poderá ver na súa web e no que non faltaron a música e unha merenda a base de chocolate e rosquillas. A reciclaxe foi a temática elixida, de maneira que os nenos ían vestidos con traxes feitos con materiais reutilizados.