O coñecido cantante e músico infantil Magín Blanco ofreceu un concerto no Auditorio Municipal de Valga ao que asistiron unha trintena de persoas, que gozaron co espectáculo “O que levamos nas maletas”, patrocinado polo programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística. O artista interpretou en directo unha selección dos seus mellores temas acompañados dunha narración. A súa proposta de contacontos musicado axudou aos pequenos a estimular a súa creatividade e curiosidade pola lingua, polos contos e a música, creando todo un universo imaxinario.