-Foi un pouco o de menos. Cando vin que era positivo, decidín facelo público para que a xente que me coñece máis ou menos, ou que traballou conmigo nesas datas, para que o tiveran en conta como prevención, para que tiveran coidado. E por iso fíxeno público. Para que estivera un pouco alerta. O que non agardaba eu e que viñera unha moreaza de mensaxes de volta que me desmoronou un pouco. Estaba moi tranquilo desde o primeiro momento e perfectamente normal, pero cando a xente se volcou desa maneira sentinme na obriga de telos informados. Igual é positivo para a xente que é moi aprensiva o ir vendo que o meu día a día é totalmente funcional. Fun contestando á xente e fun informando de todo día a día.