Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Román Rodríguez abandeira no "Atlantic Fest" os valores da marca cultural galega

O conselleiro de Cultura e Turismo defendeu no evento musical na Illa un programa de difusión da lingua galega, igualdade, respecto medioambiental e valores da mocidade

31

Las imágenes del "Atlantic Fest"

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou o Atlantic Fest, un dos doce encontros adheridos á segunda temporada de "Fest Galicia", a marca creada pola Xunta de Galicia para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

"Fest Galicia" conta cun espazo para a difusión de programas a prol do uso da lingua galega, da igualdade, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade. Ademais, dá soporte ao escenario principal do evento polo que esta fin de semana pasan bandas e artistas como Love of Lesbian, Los Planetas, Dorian, Nacho Vegas, Marlon Williams, La Bien Querida e Betacam, entre outros.

Esta marca do Goberno galego funciona como eixo dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental e dá soporte ao escenario principal do evento, o Fest Galicia-Xacobeo 21, onde actúan os cabezas de cartel.

O uso da lingua é un dos ámbitos nos que FEST Galicia segue a traballar nesta edición en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que dirixe Valentín García. Deste xeito, estase a desenvolver a campaña "O galego crea ambiente", que pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable, ademais de que forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultural, a paisaxe ou a biodiversidade.

Partindo desta base, o obxectivo é convidar á xuventude a se relacionar de xeito responsable co medio e a facelo en galego. Con este fin, desde a caseta, o comunicador Víctor Grande anima os mozos a que acheguen as súas ideas sobre actuacións de dinamización do uso da lingua galega. Ao tempo, desenvólvese o concurso 'Pasa a palabra', no que ademais de divertirse e adiviñar verbas en galego, os participantes teñen a oportunidade de facerse con sombreiros e bolsas festivaleiras, así como de optaren a gañar unha bicicleta eléctrica, sorteada entre todas as persoas gañadoras de cadanseu festival ao final da temporada.

"Fest Galicia" é, así mesmo, a marca patrocinadora das pulseiras cashless do festival, que permiten tanto o acceso ao recinto como o pago nos puntos de comida, bebida e merchandising. Esta pulseiras incorporan igualmente o control de aforo continuo a través da tecnoloxía RDIF, que ofrece datos para o control da seguridade do evento e para analizar, en parte, o seu impacto.

A devandita información complementará os resultados obtidos polo equipo de traballo encargado do estudo de avaliación do impacto económico e social do festival, co que se lle dará continuidade á elaboración deste tipo de informes por parte da Agadic. Un traballo realizado en colaboración coa Universidade de Santiago que servirá como punto de partida para o deseño de novas medidas que redunden nos valores de FEST Galicia. O ano pasado leváronse a cabo os do Resurrection Fest, PortAmértica, Sinsal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas e Revenidas, aos que este ano se suman os de Atlantic Fest, 17º Ribeira Sacra, Vive Nigrán, Festival de la Luz, Wos Festival e Caudal Fest.

Compartir el artículo

stats