Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rehabilitación do vello profesor

Nas illas Blasket vai pasar o resto da súa viaxe, vivindo con eles, agora referíndose ás roupas que visten os naturais que na altura son 137 habitantes, aos peixes, mariscos ou cefalópodos que collen do mar, á súa cortesía, a música tradicional expresada no idioma propio que ás veces se lle asemella á muiñeira, ás rochas e a erosión, ás persoas e aos seus parentes de New York que para eles está mais preto ca Dublín, á lingua gaélica e o gosto dos homes e mulleres polo güisqui, mais que pola cervexa, ás diminutas leiras que traballan os naturais cunha economía simbiótica tamén propia dos galegos da beiramar... Unha comunidade escasa, que nos fai lembrar a vida de Ons, na que non hai taberna, nin médico, nin igrexa, por iso duran tanto os poucos cartos que gañan. Son vellos mariñeiros e vellas labregas que saben contos de fadas, que escoitaron cantos de serea, pero delas non gostan porque sempre traen mal tempo.

Crónicas y fotografías

Iso é o que podemos ver nas impresionantes fotografías de Plácido Castro, ou ler nas súas crónicas algunhas publicadas nese libro que lle debemos, con outros traballos, á Fundación Plácido Castro, pola que tanto levan traballado o seu director, Xulio Ríos, e a súa presidenta, Susi Castro; non podemos obviar a sensibilidade e o labor eficiente do concelleiro de cultura Víctor Caamaño, de Cambados, responsable de que a sede esté na vila de Cabanillas; e a organización da exposición en Vilagarcía da que é responsable política a concelleira de cultura, Sonia Outón. Parabéns aos catro por este rescate da figura de Plácido Ramón Castro del Río.

Compartir el artículo

stats