| A Sala das Cunchas acolle desde onte a exposición do proxecto artístico colaborativo "Fío e agulla. Tecendo historias", que xira ó redor da figura das mulleres redeiras e mariñeiras e do papel que xogan no tecido social do pobo. É un traballo dos alumnos do IES Monte da Vila e do IES Bizocas que consisteu en xornadas teóricas e prácticas nas que poideron "traballar con documentación propia e allea e con material susceptible de ser intervido de xeito artístico, como fotografías antigas, testemuñas de persoas en vídeo, son ou escritas, materiais reciclados como tecidos, papeis ou obxectos, mesmo rede, fíos e entramados".O resultado é esta exposición "coa que por en valor o noso patrimonio intanxible vinculado á muller e ao mar, recuperando dalgunha forma a historia das redeiras", explica a concelleira Noemí Outeda.