Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O albariño Martín Códax homenaxea ás Letras cunha nova etiqueta

A botella exclusiva de Martín Códax para as Letras Galegas.

A cooperativa vitivinícola Martín Códax, que ó longo do ano promove todo tipo de actividades socias e culturais, non quere deixar pasar a oportunidade de rendir unha homenaxe ás Letras Galegas agora que está preto o seu día. É por eso que lanza unha edición especial do seu viño cunha etiqueta na que se lembra a algúns dos ilustres persoeiros da comunidade galega.

Trátase, explican na bodega de Cambados, dunha "homenaxe á lingua e á música galegas, pois o noso trobador contribuiu á consolidación do noso idioma".

Deste xeito, por tempo limitado, as botellas de albariño van "render tributo ao conxunto de escritores que fixeron do galego o seu estandarte, representando a algúns dos máximos creadores literarios na nosa lingua".

Unhas semanas

O troco da imaxe habitual do albariño Martín Códax vai facer que durante unhas semanas sexan persoeiros como Rosalía de Castro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Lois Pereiro os verdadeiros protagonistas da súa etiqueta.

Engaden na cooperatica vitivinícola que nesta edición especial lánzase ao mercado a vindeira semana, por mor do Día das Letras Galegas, e explican que se trata dun deseño da ilustradora Alba Casanova.

Esta muller nacida na cidade de Vigo no ano 1981 ten unha obra "que abarca diferentes disciplinas, aínda que se desenvolve principalmente arredor do collage e da ilustración".

Parece que "a poética do cotiá, as problemáticas de xénero ou as referencias ao seu lugar de orixe son constantes no seu traballo, enfocado nos últimos anos cara á animación, o mundo audiovisual e o editorial".

Na empresa cambadesa rematan decindo que "agora é o momento de que os amantes do viño, imitando aos personaxes da etiqueta, fagan unha paradiña e gocen desta edición especial do albariño Martín Códax".

Compre sinalar que a nova botella tamén poderá adquirirse na tenda online da bodega, na súa páxina web www.martincodax.com.

Compartir el artículo

stats