Carlos Losada Galiñáns, gañador do premio Manuel María de Teatro Infantil: "A veces ata che parece que estás tolo"

Carlos Losada onte en Santiago. / xoán álvarez
Anxo Martínez / CAMBADOS
Carlos Losada Galiñáns naceu en 1966 no Brexo (Cambados). Na actualidade traballa en Santiago na compañía Teatro Cachuzo, e o martes foi nomeado gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil pola súa obra "Game Over". Este galardón é concedido polo Igaem (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) e daralle a oportunidade a Losada de publicar o seu primeiro libro.
- ¿Gañar un premio literario é a única maneira de darse a coñecer un autor teatral?
- Agora mesmo si, é a única maneira de publicar o que escribes. E levar a escena os textos de autores galegos non publicados tamén resulta moi complicado.
- ¿Esa circunstancia motiva que a "soidade" dun autor teatral sexa aínda máis dura que a dun novelista ou dun poeta?
-Imaxino que o deles tamén debe ser un longo camiño polo deserto. Pero no caso dos que escribimos teatro a verdade é que si que é unha travesía polo deserto moi longa. A veces ata che parece que estás tolo.
- ¿Sempre escribiu en lingua galega?
-Desde que empecei no instituto si, porque a relación entre o que escribes e como o escribes ten moito que ver contigo.
-E estando tan complicado o panorama editorial galego, ¿non sentiu a tentación de escribir en castelán para probar sorte en Madrid ou Cataluña?
-A tentación si que a tiven, e algunha vez si que teño traducido algunha obra miña ó castelán para probar sorte en concursos. Pero sempre escribo en galego, porque procuro falar de temas de agora e de xente de aquí.
- ¿Que significa entón acadar un premio como o Manuel María?
-Por un lado é coma se che demostrase que non estás tan tolo. A min deume moito alivio e quitoume moitos medos, porque notas publicamente que fas algo que ten sentido.
- ¿O teatro está condenado a ser un arte minoritario ou pódese chegar a máis público?
-Eu creo que o arte en xeral, e o teatro en concreto, non vai ser nunca de masas. Pero o que si se pode facer é que sexa popular, levándoo ós colexios e facendo unha programación nos concellos. Facer teatro dende a base é vital.
- En Cambados hai certa tradición teatral. ¿Será posible ver nun futuro unha compañía profesional, ou é moi difícil nunha vila pequena?
-Vivir do teatro é difícil en calquera sitio, porque eso depende moito dos apoios institucionais. Dá igual onde esteas, aínda que é máis cómodo en cidades como A Coruña ou Santiago porque estás con máis xente que fai teatro e non te sintes tan só.
- Fale de "Game Over".
-A obra xurdiu como un divertimento pero logo foi tomando corpo. É un divertimento para rapaces que vai sobre a relación entre os nenos e os xogos de ordenador. Para min o que é malo neso é o abuso.
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas
- Rías Baixas quiere congelar la producción de uva ante el desplome del consumo
- Lluvia de millones para el sector mar-industria gallego
- Barajan organizar movilizaciones contra el recorte de la producción en el vino de Rías Baixas
- El Concello de Vilagarcía alcanza un acuerdo para abrir un parking en el solar del antiguo Liceo
- Recuperado uno de los miradores más espectaculares de la ría de Arousa
- Furor por los clubes de lectura
- Muere la artista carrilexa Mar Barral