Douscentos alumnos de O Salnés con idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos estrenaron onte o tren da língua que partiu de Vilagarcía cara á Santiago de Compostela co obxetivo principal de incentivar ós nenos a expresarse en galego. Durante as próximas semanas serán arredor de oitocentos cativos os que fagan o percorrido, nun total de catro viaxes.

A saída de onte contou coa participación do representante comarcal de Caixanova, Javier Villaronga, da técnico de Cultura do Concello de Vilagarcía, Ana Santórum e Xurxo Alonso. O poeta, vilagarciano de adopción acadou en 2005 o premio Bouza Brei pola súa obra "Cidades de area" e xa é a segunda vez que colabora con esta iniciativa cultural que patrocina Caixanova.

Antes de iniciarse a viaxe, Alonso fixo, a pé de estación, a lectura de dous poemas e abogou polo uso do tren frente ó automóvil "que permite ver imaxes tan bonitas como a Illa de Cortegada".

Neste primeiro percorrido participaron alumnos do colexio de A Torre na Illa de Arousa, do colexio San Bartolomé e dos colexios vilagarcianos A Lomba e Sagrada Familia.

Os nenos viaxaron ata Santiago de Compostela acompañados de pallasos, contacontos e grupos de animación que amenizaron a viaxe poñendo en marcha no propio tren distintas actividades para promocionar as súas vantaxes como medio de transporte público e tamén para dar a coñecer a historia do tren en Galicia, un obxetivo que tamén persigue o Museo de Ferrocarril que o pasado mes de xuño foi ubicado moi preto da estación que onte acolleu a partida dos primeiros participantes no tren da lingua de Caixanova.

Unha iniciativa cun triple obxectivo

Os responsables de Caixanova explicaron que esta iniciativa está a perseguir un triple obxectivo: O primeiro é que os nenos descubran o pracer de viaxar en tren, coa esperanza de que no futuro non se obsesionen coa posibilidade de desprazarse en coches particulares a todas partes. O segundo é que coñezan un pouco máis Galicia, aínda que nada máis sexa a través das propias fiestras do tren da língua durante o seu percorrido.

E o terceiro que se acheguen á cultura e ó idioma galego dunha forma activa e visual.

Por iso toda a comunicación cos nenos por parte dos animadores e coordinadores da viaxe foi nesta lingua. A intención é que se familiaricen con eles, fomentando unha actitude acerta cára o galego.