Resumen 2024

Adeus ao decano dos pintores

eas dasdo

Este 2024 que xa botamos fóra da xanela e a porta levouse con el ao pintor en activo máis veterano do mundo, o vigués Luis Torras. O 29 de decembro de 2023 cumprira 111 anos. Era tamén o home máis ancián de España. Foi a mediados de xaneiro cando Torras se despediu deste mundo.

Tamén tivemos que despedir á poeta Luz Fandiño; ao escritor Alfonso Álvarez Cáccamo e ao xornalista de FARO Javier Sánchez de Dios.

Outro persoeiro que dixo adeus á vida neste 2024 foi o historiador Justo Beramendi quen no ano 2007 lograra o premio Nacional de Ensayo.

O mundo do audiovisual e o teatro tamén tiveron que honrar nas súas exequias ao actor Xavier Deive. Só tiña 54 anos. Como deixou escrito Morris, «non lle tocaba».

Outros adeuses foron para o pintor Alexandro; o artista Lino Silva, o poeta vigués Manuel Vidal Villaverde; ou a actriz Rosalía Dans

TEMAS

Tracking Pixel Contents