Sete premios nacionales

Yolanda Castaño y Eduardo Soutullo.

Yolanda Castaño y Eduardo Soutullo.

Mar Mato

Mar Mato

Se hai uns premios que recoñecen o mellor da cultura e ciencia de todo o Estado español estes son os Premios Nacionales do Goberno. Neste 2023, Galicia logrou sete. Premiada resultou Yolanda Castaño, que se fixo co de Poesía pola súa obra “Materia”; mentres que o compositor vigués Eduardo Soutullo recibiu o Nacional de Música por “El lamento de los girasoles”, estreada en San Petersburgo onde tamén se fixo cun galardón internacional.

Así mesmo, o de Literatura Dramática foi para Paula Carballeira pola obra “As alumnas” e o de Investigación para Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT).

Pola súa parte o cesteiro de Pazos de Borbén Álvaro M. Leiro recibiu o Nacional de Artesanía, mentres que Inés RIR, de Allariz, o gañouno na categoría de Producto. Ademais, a Fundación Artesanía de Galicia conseguiu outro Nacional na categoría de Promociona para Entidades Públicas polo encontro Corazón de la Artesanía en Agolada.

Finalmente, o Instituto Nacional de Estadística (INE) otorgou o Premio Nacional de Estadística ao catedrático coruñés Ricardo Cao Abad.

Tracking Pixel Contents