Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sarabela Teatro inicia xira en Vigo con "O rei morre"

O grupo galego mistura a interpretación coa danza e as artes plásticas nesta adaptación de Ionesco

de "O rei morre".

A compañía Sarabela Teatro inicia xira en Vigo do seu novo espectáculo "O rei morre," logo de estrealo no Auditorio de Ourense, o pasado mes de setembro. Dirixida por Ana Vallés, unha das directora máis emblemáticas do teatro galego, Sarabela aporta novas linguaxes nesta versión da obra de Ionesco, misturándose a interpretación coa danza e as artes plásticas. "O rei morre" poderá gozarse no Teatro de Cidade Universitaria de Vigo o vindeiro mércores 8 de novembro.

A obra, versión libre do "Le Roi se meurt", do escritor rumano Eugène Ionesco, comeza cando o fatuo rei Berenguer I recibe a noticia de que vai morrer e non quere crelo e segue a dar ordes coa soberbia que lle é características. É un texto enmarcado no teatro do absurdo, cómico e dramático, sobre o tema da morte en termos xerais: a morte do poder, a morte do home... Na peza faise unha caricatura grotesca da poderoso aferrándose ao trono, unha figura constante a través da historia, así como dos personaxes que nese momento o rodean.

O elenco de actores está composto por Fonso Míguez, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago e Nate Borrajo.

Sarabela Teatro iniciou a súa andaina como agrupación teatral independente en 1980 e como compañía profesional en 1990. É a compañía privada que ten máis premios María Casares.

Ademais de "O rei morre", nestes intres Sarabela ten en activo as montaxes "O secuestro da bibliotecaria", "Normas para saber vivir na sociedade actual", "O último dragón" e "Ensaio sobre a cegueira".

Compartir el artículo

stats