CONCIERTOS

Vigo

David Puime Trío. A formación de Dani Font, Álex Touceda e David Puime, influenciada por guitarristas como Jim Hall e John Abercrombie, actúa dentro do programa Jazz fóra de lugar do XIII Festival de Jazz de Vigo, Imaxina Sons. - Navia-Teixugueiras - 12.30 - entrada libre

Marc Ducret Trio. O guitarrista francés Marc Ducret, que actúa con Bruno Chevillon (baixo) e Eric Echampard (batería) no XIII Imaxina Sons, considérase un músico ecléctico que sitúa moitas das súas músicas favoritas nos anos sesenta e na música popular. Entre as súas constantes referencias, a música dos Beatles pola súa capacidade de inventiva, pero tamén os vellos discos de Hendrix, Aretha Franklin, Al Green ou Joni Mitchell. Fundamentalmente guitarrista eléctrico, Ducret ten indagado noutros instrumentos de corda como a guitarra acústica, o baixo ou o oud -o laúde da cultura árabe-. En 1986 entra a formar parte da Orquestra Nacional de Jazz de Francia, coa que participa en máis de oitenta concertos. O jazz é só unha parte dun proxecto no que a música vai mutando con formas que viaxan da música popular á clásica contemporánea con retallos de country e rock. - Auditorio Municipal do Concello de Vigo - 21.00 - 5 E

ESPECTÁCULOS

Vigo

"Todo sobre Eva". O VII Festival Vigo en Bruto pecha con esta peza de Gravidade 0.0. Recoñézome, recoñézote. O que fun, o que son. O que non tiña de ser e foi. O que non foi e puido ser e podería ser que fose. Podería ser que as agullas do reloxo retrocedesen o seu paso cara atrás; que tornasen os soños, os anhelos, as esperanzas, as ilusións perdidas menosprezadas esquecidas roubadas defraudadas frustradas, e volver reconstruir, reconstruirme, reconstruirte. Podería ser, ti eu, mesma danza no vértice do abismo, remuíño de corpos a esvarar no ar. Abaixo arriba, o desequilibrio a manternos firmes. - teatro ensalle - 21.00 - 9 E

Vilalba

Luis Piedrahita presenta "Las amígdalas de mis amígdalas", un espectáculo del polifacético humorista gallego pensado para gente como usted. Gente exigente, aseada y con sentido del humor. - Auditorio Municipal Carmen Estévez - 20.30 - 15 E