EN DIRECTO

Vinte anos de teatro con "Kvetch"

O Teatro do Morcego celebra o seu aniversario cunha nova obra no Centro Cultural Caixanova

 21:59  
Mónica Camaño, Dorotea Bárcena e Celso Parada en "Kvetch".
Mónica Camaño, Dorotea Bárcena e Celso Parada en "Kvetch". 

I. ENRÍQUEZ - VIGO Tras anos de perrucas, escenarios, cortinas, aplausos, risos, ovacións, bambalinas e guións, a compañía Teatro do Morcego celebra o seu vinte aniversario coa súa máis recente proposta teatral, "Kvetch: o rosmón". Da man de Álvaro Lavín e coa coprodución do grupo portugués Seiva Trupe esta "comedia americana sobre a ansiedade" chega hoxe, ás 20.30 horas, ó Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova.

"Kvetch", un guión adaptado da obra do actor e director británico Steven Berkoff (La naranja mecánica, Octopussy), é unha sit com sobre as preocupacións e ansiedades da xente de a pé. Temas como o do cancro, o paro, a impotencia, os impostos, a declaración da renda, a calvicie ou o sobrepeso son uns dos poucos medos cos que xoga o guión desta comedia.

"É un espectáculo moi divertido, xoga coa técnica ´do a parte´, por un lado podemos escoitar as conversas normais que manteñen as personaxes e, polo outro, xoga cos pensamentos de cada un", explica Celso Parada un dos membros do reparto e fundador da compañía en 1989.

Este colectivo teatral en galego, que naceu en Cangas a finais dos oitenta, achéganos agora este último proxecto como compañía residente de Narón, cun elenco no que sobresaen nomes como o de Mónica Camaño, Miguel Pernas, Dorotea Bárcena e Mundo Villalustre e co actor madrileño Álvaro Lavín como director debutante, "un experto na comedia da arte que domina á perfección as claves do espectáculo", di Parada.

A obra, que xa xirou por distintas cidades e festivais de teatro tanto de Galicia coma de Portugal, seguirá a súa viaxe por localidades coma O Barco, As Pontes, Muros, Pontevedra ou Carballiño nos próximos meses. Será coa chegada do outono que este colectivo de teatreiros ofrecerá o seu novo proxecto, "un espectáculo infantil musical que aínda non ten nome pero que presentaremos no teatro de Narón en novembro", anuncia Celso Parada.

  HEMEROTECA
El encuentro digital del piloto moañes, queda pospuesto hasta nuevo aviso. El piloto será sometido esta semana a una operación tras su caída en Navarra. Os mantendremos informados.  Envía tu pregunta »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya