EN DIRECTO
Ficción

"Primeira edición" de O Nordés

A serie sobre xornalistas emitirase tódolos xoves, ás dez, a partir da próxima semana

 08:18  
O equipo de actores, directores e productores de "O Nordés" na presentación da TVG no Colexio de Arquitectos de Vigo onte.
O equipo de actores, directores e productores de "O Nordés" na presentación da TVG no Colexio de Arquitectos de Vigo onte.  Jesús de Arcos

ILDARA ENRÍQUEZ - VIGO Unha cidade única, cosmopolita, urbana, intensa e en continuo movemento. Un elenco envexable, guións enxeñosos e divertidos e unha realización sublime. Con esta flamante proposta comeza a nova programación da Televisión de Galicia, que inclúe cambios nos programas de sempre e novidosos proxectos á súa grella na próxima semana.

Ambientada na cidade de Vigo, a teleserie "O Nordés" achega o mundo do xornalismo á esfera máis próxima e actual. Unha ficción que, en palabras dun dos directores, Alfonso Zarauza, presume de ser "diferente, cunha imaxe máis moderna e achegada ás técnicas do cine e do videoclip".

A serie retrata con altas doses de realismo a Galicia do século XXI, o día a día dos redactores do xornal, a creación das noticias a partir dos sucesos de actualidade e as contradicións propias dos xornalistas no tocante á ética profesional e a ameaza das influencias financeiras e políticas nos medios.

Este novo proxecto, producido por CTV e Zopilote, fuxe do costumismo que outras veces marcou o éxito de producións como "Mareas Vivas" ou "Terra de Miranda" e avoga por un hiperrealismo co que "de seguro que fará historia", asegura Rosa Vilas, directora da cadea de televisión galega.

A filmación dos trece primeiros capítulos levouse a cabo na cidade de Vigo e nos interiores da redacción do xornal (o decorado más grande construído en Galicia), contou cun total de 130 persoas (entre guionistas, cámaras, maquilladores e demais) e supuxo un investimento de 90.000 euros por episodio. Un labor extremadamente difícil no que interveu o factor económico, xa que a ficción galega opta a un dos investimentos máis baixos da península. Porén tanto produtores coma directores coinciden en que esta será unha das novidades estrela da grella deste ano, unha proposta "intelixente, urbana e entretida" que chegará a todo tipo de públicos.

"Unha trama de intriga que ten moito que ofrecer onde o xornalismo e a cidade serán os principais protagonistas", relata Andrés Mahía, un dos produtores de "O Nordés".

Entre o grupo de actores que ambientará os membros da redacción do centenario xornal vigués destacan nomes, de sempre, coma os de Mabel Rivera, X. Manuel Olveira Pico, Isabel Risco, Víctor Fábregas, Xulio Abonjo e Monti Castiñeiras e algunhas das novas propostas do audiovisual galego coma Olalla Salgado e Isabel Risco.

  HEMEROTECA
El encuentro digital del piloto moañes, queda pospuesto hasta nuevo aviso. El piloto será sometido esta semana a una operación tras su caída en Navarra. Os mantendremos informados.  Envía tu pregunta »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya