Nova Galega de Danza volve aos escenario con "Son". O último da compañía coruñesa é un espectáculo único, visual, epatante e magnífico. Estará hoxe (21.00) no Auditorio Municipal de Vilagarcía, mañá (21.00) no Auditorio Municipal de Narón e o domingo (19.00) no Teatro Afundación de Vigo. Entradas dende 5.40 euros.