Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ana Moura afiánzase como a grande estrela do fado actual

No seu sexto álbum, a colaboradora de Prince volve dar un novo paso aperturista no seu estilo, sen esquecer as raíces fadistas

A cantante Ana Moura.

Ana Moura vaise afianzando como a grande estrela fadista da actualidade canda Mariza. As dúas son quen de acadar un rotundo éxito internacional, que se comproba na súa cargadísima axenda de concertos dos últimos anos e no seu país logran unhas importantes vendas de discos. Coa súa anterior obra, Desfado, editada en 2012, a cantante acadou unhas vendas de 75.000 exemplares, o que supuxo pórse á cabeza ese ano entre os artistas nacionais con maior número de copias vendidas.

A partir dese momento tamén deu un pulo na súa consideración internacional, á que axudaron as súas colaboracións co finado Prince, co que xa non poderá concretar un posible proxecto que demoraba no tempo, e os Rolling Stones.

No novo disco conta novamente coa produción do reputado Larry Klein, con quen foi confeccionando unha obra na que pretendía contar con diferentes composicións de artistas que lle semellaban interesantes para o que pretendía. Dese xeito aparecen no álbum creacións de xente como Jorge Cruz, quen é o autor do single Dia de folga, Carlos Tê e Sara Tavares. Ana Moura declarou á axencia lusa que o seu álbum é "aberto ao mundo, facendo pontes entre diferentes tradicións musicais, non esquecendo a matriz fadista. Non quería realizar un Desfado dous. Pretendín volver facer unha cousa diferente. Sinto a necesidade de sorprender, de facer apostas, de arriscar. Facer sempre a mesma cousa créame ansiedade; realizar cousas sempre diferentes é o que me dá forza. Hai un sinal na miña carreira que é a miña perenne necesidade de nunca ser igual. Esa é a miña identidade". Salienta a artista o tratamento sonoro diferente ao coñecido dado no disco á guitarra portuguesa, á que pretende tamén reamplificar nos concertos.

Compartir el artículo

stats