Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cristina Pato, coa Real Filharmonía no Mar de Vigo

A gaiteira, pianista e compositora ourensana Cristina Pato . // Erin Baiano

Cristina Pato actúa hoxe (20.30h) coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, no Teatro Afundación, en Vigo. Nos concertos en Galicia (onte en Santiago e hoxe en Vigo), tamén actúa como solista Esther Viúdez ao corno inglés. Estrearán a nivel mundial "Viúvas de vivos e mortos", escrito por Octavio Vázquez, un compositor galego que tamén reside en Nova York.

Logo de ter actuado nos últimos dez anos con grandes orquestras de prestixio internacional, como a New York Philharmonic ou a Chicago Symphony, Cristina Pato propúxose ampliar o repertorio de gaita para orquestra facendo encargos a compositores internacionales. Ista é a súa primeira vez como solista coa Real Filharmonía de Galicia, con quen da un paso máis no seu pioneiro Gaita and Orchestra Commissioning Project, que foi financiado por ela mesma e pola fundación americana New Music USA.

O programa que interpretarán é o seguinte: J. MacMillan: "The world´s ransoming" (estrea en España). Octavio Vázquez: "Viúvas de vivos e mortos" (estrea absoluta). P. I. Chaikovski: "Sinfonía nº 4 en fa menor, op. 36".

Entradas: anticipadas en Ataquilla.com, entre 6.30 e 19.60 euros.

Compartir el artículo

stats