Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tanxarina Títeres leva a Tui "A casa do avó"

Tanxarina Títeres leva a Tui "A casa do avó"

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, ás 18.30h a representación de "A casa do avó", da man de Tanxarina Títeres, que dende 1983 é unha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego. "A casa do avó" é unha obra de teatro de monicreques de 50 minutos de duración dirixida a público familiar a partir dos 5 anos. Sobre o escenario estarán Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha "Tatán" e Miguel Borines Fernández, actores e manipuladores. A dirección corresponde a Cándido Pazó. Entre o cómico e o poético están as pequenas aventuras dun neno por axudar ao seu avó, que vai ser desaloxado da súa casa por un banco. O apoio solidario propicia un final feliz nesta obra na que hai un xogo permanente entre bonecos, escenografía e actores. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12 horas ou o sábado dende ás 17 no despacho de billetes ao prezo de 3.5 e 2.5 euros.

Una imagen de Títeres Tanxarina.

Compartir el artículo

stats