Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vaamonde, Lamas & Romero mesturan música e humor coa Banda de Salceda de Caselas

Os "tres tenores" Vaamonde, Lamas & Romero, en modo "entroido". // Culturactiva

Vaamonde, Lamas & Romero sorprenderán mañá ao público de Salceda de Caselas cunha proposta orixinal e divertida: un concerto con banda de música en clave de humor. Música popular, teatralidade e retranca dan a man neste espectáculo, "un auténtico bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise". Desta volta únense á Banda Cultural de Salceda de Caselas, coa que actuará no Auditorio Municipal desta localidade do Baixo Miño mañá sábado 6 de febreiro ás 19.00 horas. A Banda celebra este ano o seu trixésimo aniversario. As entradas, xa á venda na Casa da Cultura Castelao, son a 4 euros ou 2,5 para menores de 14 anos. Lembran dende o Concello que o aforo do Auditorio Municipal é limitado, polo que se recomenda adquirir as entradas con anticipación. Os nomes de Xesús Vaamonde (gaita, percusión e voz), Pedro Lamas (saxo soprano e voz) e Xosé Lois Romero (acordeón e voz) están ligados a algúns dos mellores momentos e artistas da música galega recente (Nova Galega de Danza, Fuxan os Ventos, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Susana Seivane, Uxía, aCadaCanto, Luvas Verdes, Quique Peón Cía, Faltriqueira, Guadi Galego, Galeoke, Leilía,...), cos que teñen actuado en varios continentes, dende Xordania a Nova York, pasando por Zimbabwe ou Bos Aires.

Compartir el artículo

stats